CINE / PROGRAMACIóNInicio

Los objetos amorosos Los objetos amorosos / Día 4 de Abril. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Adrián Silvestre
País: España
Ano: 2016
Xénero: Drama | Drama social. Inmigración
Duración: 115 minutos
Guión: Adrián Silvestrev
Dirección de Fotografía: Luca Lardieriv

INTÉRPRETES: Laura Rojas Godoy, Nicole Costa, Diana Agámez, Marco Bomba, Paolo Floris, Andrea Iacovacci, Marco A Ferla, Margot Medina, Maddalena Recino, Aurora Silva, Miguel Ángel Tarditti

SINOPSE:

Los objetos amorosos supón o debut na longametraxe de ficción de Adrián Silvestre cunha historia sinuosa e desconcertante. Luz, emigrante colombiana, chega a Roma para traballar duro e poder traer consigo o seu fillo de dous anos. Pero coñecerá a Fran, por un divertido equívoco, e a súa visión da vida mudará por completo. Velaquí a historia de dúas mulleres fronte ao mundo, mais non no sentido ao que nos ten afeitos o cine convencional. Silvestre mestura formatos e xéneros, desvirtúa expectativas e rompe moldes, converte unha crónica social nun relato de aprendizaxe, unha película política nunha peculiar historia de amor. E o seu pulso narrativo nunca cede por moito que o filme cambie de ton constantemente e nos conduza dende o hotel no que comeza a traballar Luz ata unha vila romana deshabitada, onde a historia encontra a súa culminación. Impresionantes interpretacións de Laura Rojas Godoy e Nicole Costa.

PREMIOS: 2016: Festival de Sevilla: Premio FIPRESCI

La vida y nada más La vida y nada más / Día 11 de Abril. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Antonio Méndez Esparza
País: España
Ano: 2017
Xénero: Drama
Duración: 114 minutos
Produción: Aquí y Allí Films
Guión: Antonio Méndez Esparza
Dirección de Fotografía: Barbu Balasoiu

INTÉRPRETES: Andrew Bleechington, Regina Williams, Robert Williams, Ry nesia Chambers

SINOPSE: Andrew é un adolescente afroamericano con profundas carencias afectivas que reside no norte de Florida. O seu pai está en prisión, e o sustento da súa familia é a súa nai, Regina, a quen axuda porque ademais ten unha irmá pequena. Xuntos tentan chegar a fin de mes mentres loitan contra os problemas cotiáns. Pero Andrew vese inmerso na delincuencia. Mentres, a súa nai, que traballa arreo para manter á súa familia, verá como o seu fillo afástase cada vez máis dela.

PREMIOS: 2017: Festival de San Sebastián: Sección oficial 2017: Premios Independent Spirit: Nom. actriz (Williams) e Premio John Cassavetes 2017: Premios Feroz: Premio Especial

El mar nos mira de lejos El mar nos mira de lejos / Día 18 de Abril. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Manuel Muñoz Rivas
País: España
Ano: 2017
Xénero: Documental | Cinema experimental
Duración: 93 minutos
Produción: Coprodución España-Países Baixos (Holanda); Azhar Media / @CTM Docs / A Viaxe Films / 59 en Conserva
Dirección de Fotografía: Mauro Herce
Música: Joaquín Pachón

INTÉRPRETES: Documentary

SINOPSE: Entre o documental e a ficción, a lenda dunha antiga e esquecida civilización xace soterrada baixo grandes extensións de dunas no sur de España. Desde hai algo máis dun século varios viaxeiros chegaron ata ese recóndito territorio buscando as pegadas de antigos poboadores, talvez os restos dunha cidade sepulta polas areas, ou seica unha sorte de utopía extraviada. Ignorantes deses mitos e das ilusións románticas de arqueólogos e aventureiros, uns poucos homes, apenas visibles entre os areais, habitan hoxe en soidade ese lugar fronte ao mar.

PREMIOS: 2017: Festival de Sevilla: Sección Oficial

Grandeza y decadencia de un pequeño comercio de cine Grandeza y decadencia de un pequeño comercio de cine / Día 25 de Abril. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Jean-Luc Godard
País: Francia
Ano: 1986
Xénero: Drama | Telefilm. Cine dentro del cine. Neo-noir
Duración: 92 minutos
Produción: Coproducción Francia-Suiza; Emitida por TF1; JLG Films / TF1 / Hamster Productions / Télévision Suisse-Romande (TSR) / RTL
Guión: Jean-Luc Godard (Novela: James Hadley Chase)
Dirección de Fotografía: Caroline Champetier, Serge Le François

INTÉRPRETES: Jean-Pierre Mocky, Marie Valera, Jean-Pierre Léaud

SINOPSE:

O director  Gaspard  Bazin está a preparar unha nova longametraxe e organiza castings para elixir aos  figurantes. Por agora atópase en proceso de financiamento. Fixo un chamamento a Jean  Almereyda, un antigo produtor de moda vindo a menos ao que lle custa cada vez máis conseguir financiamento para arrincar os seus proxectos. Pola súa banda a súa esposa,  Eurídice, soña con ser unha estrela de cinema. Mentres  Almereyda arrisca a súa vida para financiar a película,  Gaspard elixe a  Eurydice como protagonista... Adaptación da novela  policíaca " The  Soft Centre" de James  Hadley  Chase.

VOSE