CINE / PROGRAMACIóNInicio

La cazadora del águila La cazadora del águila / Día 7 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Otto Bell
País: USA
Ano: 2016
Xénero: Documental. Aventuras
Duración: 87 minutos
Produción: Kissaki Films / Stacey Reiss Productions / 19340 Productions
Dirección de Fotografía: Simon Niblett
Música: Jeff Peters

INTÉRPRETES: Documentary, Daisy Ridley

SINOPSE: Documental ambientado no macizo de Altái, ao leste de Mongolia, onde desde fai centenares de anos reside unha comunidade kazaka que mantén unha especial relación coas aguias reais, ás que crían desde pequenas e preparan para a caza. Este sempre foi un oficio reservado para os homes. Apoiado nunha espectacular fotografía aérea, a película captura a travesía persoal dunha adolescente na súa loita para converterse na primeira cazadora de aguias á vez que aborda temas universais como o empoderamento da muller, o mundo natural, a entrada na idade adulta e o arranque da modernidade. VOSE

PREMIOS: 2016: Premios BAFTA: Nomeada a Mellor documental 2016: National Board of Review ( NBR): Mellores documentais do ano 2016: Satellite Awards: Nomeado a Mellor documental 2016: Sindicato de Produtores ( PGA): Nomeada a Mellor documental 2016: Sindicato de Directores ( DGA): Nomeado a Mellor director / Documental

Fatima Fatima / Día 14 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Philippe Faucon
País: Francia
Ano: 2015
Xénero: Drama | Inmigración. Familia. Drama social
Duración: 79 minutos
Produción: Coprodución Francia-Canadá; Istiqlal Films / arte France Cinéma / Possibles Média / Rhône-Alpes Cinéma
Guión: Philippe Faucon (Libros: Fatima Elayoubi)
Dirección de Fotografía: Laurent Fenart

INTÉRPRETES: Soria Zeroual, Zita Hanrot, Mehdi Senoussi, Franck Andrieux, Yolanda Mpele

SINOPSE: Fatima é unha musulmá inmigrante de orixe árabe, traballa sen descanso como empregada de limpeza e estuda francés nun curso para estranxeiros que desexan aprender o idioma. A loita dunha nai soa por sacar adiante ás súas dúas fillas. Todas as noites escribe os seus pensamentos en árabe e expresa que o seu medo interior está a desaparecer. Unha historia de pequenos fracasos e grandes triunfos. VOSE

PREMIOS: 2015: 3 Premios César: Mellor película, guión adaptado e actriz revelación (Zita Hanrot)

En la sombra En la sombra / Día 21 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Fatih Akin
País: Alemaña
Ano: 2017
Xénero: Drama | Terrorismo. Vinganza
Duración: 102 minutos
Produción: Coprodución Alemaña-Francia; Bombeiro International / Macassar Productions
Guión: Fatih Akin, Hark Bohm
Dirección de Fotografía: Rainer Klausmann
Música: Josh Homme

INTÉRPRETES: Diane Kruger, Numan Acar, Ulrich Brandhoff, Hanna Hilsdorf, Ulrich Tukur, Johannes Krisch, Siir Eloglu, Rafael Santana, Denis Moschitto, Jessica McIntyre, Samia Muriel Chancri

SINOPSE: A vida de Katja derrúbase cando o seu marido e o seu fillo morren nun atentado con bomba. A policía detén enseguida aos sospeitosos, dous mozos relacionados co movemento neonazi. Katja vese inmersa entón nun longo e complicado proceso xudicial. Danilo, avogado e mellor amigo do seu marido, leva o caso e fará todo o posible para darlle o apoio necesario. Pero a muller, cegada pola dor, só ten un obxectivo: por encima de todo quere que se faga xustiza. VOSE

PREMIOS: 2017: Festival de Cannes: Mellor actriz (Diane Kruger) 2017: Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa 2017: 2 Premios do Cinema Alemán de 5 nomeamentos, incluíndo mellor película 2017: Critics Choice Awards: Mellor película de fala non inglesa 2017: Satellite Awards: Mellor película de fala non inglesa e Actriz (Kruger)

1945 1945 / Día 21 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Ferenc Török
País: Hungría
Ano: 2017
Xénero: Drama | II Guerra Mundial. Holocausto
Duración: 91 minutos
Produción: Katapult Filme
Guión: Gábor T. Szántó, Ferenc Török
Dirección de Fotografía: Elemér Ragályi ( B& W)
Música: Tibor Szemzö

INTÉRPRETES: Péter Rudolf, Tamás Szabó Kimmel, Dóra Sztarenki, Bence Tasnádi, Ági Szirtes, József Szarvas, Eszter Nagy- Kálózy, Iván Angelus

SINOPSE: Un sufocante día de agosto de 1945, os habitantes dunha vila prepáranse para a voda do fillo dun funcionario do concello. Mentres, dous xudeus ortodoxos chegan á estación de tren con dúas misteriosas caixas. O funcionario teme que os homes sexan herdeiros dos xudeus que foron deportados e espera que reclamen as propiedades que lles foron arrebatadas inxustamente, propiedades que perderan durante a Segunda Guerra Mundial. Outros habitantes da vila teñen medo a que veñan máis sobreviventes, ameazando así as propiedades e posesións que agora reclaman como súas. VOSE

PREMIOS: Festival de Cinema Xudeu de San Francisco 2017: Premio da Crítica, Premio do Público á Mellor Película Festival de Cinema Xudeu de Miami 2017: Premio do Público á Mellor Película Festival de Cinema Xudeu de Washington 2017: Premio do Público Festival de Cinema Xudeu de Chattanooga 2017: Premio do Público Festival de Cinema de Xerusalén 2017: Premio Yad Vashem Chairman Festival de Cinema Xudeu de Berlín 2017: Premio do Público Der Neue Heimatfilm Festival (Austria) 2017: Mellor Película Festival de Cinema Internacional de Berlín 2017: Selección Oficial