CINE / PROGRAMACIóNInicio

Cineastas contra magnates Cineastas contra magnates / Día 27 de Outubro. Hora: 17:00 / Salón de actos da Deputación de Lugo
Director: Carlos Benpar
País: España
Ano: 2005
Xénero: Documental | Documental sobre cine
Duración: 101 minutos
Produtores: Producciones Kilimanjaro S.L.
Guión: Carlos Benpar & Ferran Alberich
Dirección de Fotografía: Xavier Camí & Tomás Pladevall
Música: Xavier Oró & Pep Solorzano

INTÉRPRETES: Documentary, Marta Belmonte, Arthur Penn, Liv Ullmann, Richard Fleischer, Stanley Donen, Jack Cardiff, Sydney Pollack, Woody Allen, Milos Forman

SINOPSE:

Relata as alteracións acontecidas no medio audiovisual ao longo da historia, desde o troco de velocidade dos filmes mudos ata o coloreado electrónico de fitas rodados en branco e negro, unha loita que soe enfrontar o espiritu creador contra o manipulador e que, diante de todo, pretende ser un manifesto na defensa dos dereitos morais do autor cinematográfico sobre a súa obra diante das manipulacións ás que "obriga" o medio audiovisual.

O documental ten a súa continuación en «Cineastas en Acción» (2005)



PREMIOS: 2005: Goya Mejor Documental

Bloedbroeders (Irmáns de sangue) Bloedbroeders (Irmáns de sangue) / Día 28 de Outubro. Hora: 17:00 / Salón de actos da Deputación de Lugo
Director: Arno Dierickx
País: Holanda
Ano: 2008
Xénero: Thriller | Basado en hechos reales
Duración: 90 minutos
Produtores: Rinkel Film & TV Productions BV
Guión: Bert Bouma, Jan Bernard Bussemaker
Música: Johan Hoogewijs

INTÉRPRETES: Erik van Heijningen, Matthijs van de Sande Bakhuyzen, Derk Stenvers, Sander van Amsterdam

SINOPSE:

Tres xoves agochan ao seu amigo Ronnie, un criminal perseguido pola policía, no faiado da casa na que viven dous dos rapaces. Ninguén, nis pais nin empregados, se decata da súa praesencia. Ao principio, a situación divierte aos rapaces, ata o día en que Ronnie se convirte nunha carga e empeza a chantaxealos. Xa non se atreven a bótalo.

Ópera prima do director, baseada en feitos reais.
Fita que procede do convenio do OUFF coa FECIGA para a distribución de filmes do festival ourensán pola rede dos cineclubes galegos.

cineclubesdegalicia.blogspot.com.es/2012/10/encontros-de-cineclubes-en-lugo.html

PREMIOS: «Carlos Velo» mellor director (OUFF 2009).