CINE / PROGRAMACIóNInicio

 Hamada Hamada / Día 2 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Eloy Domínguez Serén
País: Suecia-Noruega- Alemaña
Ano: 2018
Xénero: Documental
Duración: 89 minutos
Guión: Eloy Domínguez Serén
Dirección de Fotografía: Eloy Domínguez Serén
Montaxe: Eloy Domínguez Serén, Ana Pfaff
Música: Kjetil Chander Luhr

INTÉRPRETES: Sidahmed Salec Labeid, Ainina Sihamed Mohamed, Zaara Mohamed Saleh, Taher Mulay Zain

SINOPSE:

No medio do deserto do Sahara viven as xeracións ás que Marrocos negou o país en 1975. Con vitalidade, humor e situacións inesperadas, este documental é o retrato dun grupo de amigos que viven nun campamento de refuxiados en pleno deserto. O único que separa aos  mozos do seu fogar é un campo de minas e o segundo muro militar máis grande do mundo. Só coñecen o seu lugar de nacemento a través das historias que lle contaron os seus pais. Son os chamados  Sahrawis e foron abandonados no campo de refuxiados en metade do  pedregoso deserto desde que Marrocos os sacou da parte Oeste do Sahara hai corenta anos. Atrapados nun lugar entre a vida e a morte,  Sidahmed,  Zaara e  Taher néganse a que iso lles impida vivir a súa vida. Pásan o día arranxando coches que non lles levan a ningunha parte, loitando por un cambio político sen resposta. Xuntos, utilizan o poder da creatividade para denunciar a realidade que lles rodea e expandirse a través das fronteiras do campo.

Versión en Árabe, con subtítulos en Galego

PREMIOS: Mellor Película Española no Festival Internacional de Cinema de Xixón ( Rellumes) Mellor Director Español no Festival Internacional de Cinema de Xixón ( Rellumes) Mellor Opera Prima en Cinéma du Réel Premio do Xurado Novo en Cinéma du Réel Premio ao Documental en Tempo Film Festival Suecia. Mellor Director Emerxente no Porto/Post/Doc. HEAD – GENÈVE POSTPRODUCTION AWARD en Visions du Réel. AUDIENCE COMPROMISO AWARD en Visions du Réel. Premio ao Mellor WIP en MECAS, Festival Internacional de cinema das Palmas

Doentes Doentes / Día 9 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Gustavo Balza
País: España
Ano: 2011
Xénero: Drama | Anos 50
Duración: 85 minutos
Produción: Filmanova Invest / Zircozine
Guión: Roberto G. Méndez, Gustavo Balza
Dirección de Fotografía: Suso Bello

INTÉRPRETES: Antonio Durán -Morris-, Xosé Manuel Olveira -Pico-, Álvaro Guevara

SINOPSE: Adaptación dunha excelente peza teatral de Roberto Vidal Bolaño, unha viaxe á fin da noite que recrea excelentemente o Santiago de Compostela dos anos cincuenta, en plena ditadura franquista. A dramática historia de Valeriano e Cañete nunha adoecida carreira, entre outras cousas, por eliminar o réxime, dá lugar a un áxil relato de supervivencia, de magníficas interpretacións e inzado de connotacións históricas e políticas. VOG

 Largo viaje hacia la noche Largo viaje hacia la noche / Día 16 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Bi Gan
País: China
Ano: 2018
Xénero: Drama. Intriga
Duración: 138 minutos
Produción: Huace Pictures, Dangmai Films, CG Cinéma
Guión: Bi Gan
Dirección de Fotografía: Yao Hung-i, David Chizallet, Dong Jingsong
Montaxe: Qin Yanan
Música: Lim Giong, Point Hsu

INTÉRPRETES: Tang Wei, Sylvia Chang, Vivien Li, Huang Jue, Chen Yongzhong, Lee Hong-Chi, Luo Feiyang

SINOPSE: Luo Hongwu volta a Kaili, a súa cidade natal, despois de escapar dela hai moitos anos. Alí comezará a buscar a muller que amou e que nunca logrou borrar da súa mente. O seu nome era Wan Qiwen. A segunda longametraxe de Bi Gan (tras a sorpresa que representou a súa ópera prima, Kaili Blues) presentouse no Festival de Cannes de 2018, onde foi recoñecida coma unha das mellores películas do certame, moi influída polo cine de Wong Kar-wai, antes de atinxir un inesperado éxito na súa estrea comercial na China. VOSE

PREMIOS: 2018: Festival de Cannes: Un Certain Regard (Sección oficial)

Hitchcock/Truffautv Hitchcock/Truffautv / Día 30 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Kent Jones
País: Estados Unidos, Francia
Ano: 2015
Xénero: Documental | Documental sobre cine
Duración: 79 minutos
Produción: Cohen Media, Arte France, Artline Films
Guión: Kent Jones, Serge Toubiana
Dirección de Fotografía: Nick Bentgen, Daniel Cowen, Eric Gautier, Mihai Malaimare Jr., LA Lisa Rinzler, Genta Tamaki
Montaxe: Rachel Reichman
Música: Jeremiah Bornfield

INTÉRPRETES: Documentary, David Fincher, Martin Scorsese, Wes Anderson, Richard Linklater, Alfred Hitchcock, François Truffaut, James Gray, Olivier Assayas, Kiyoshi Kurosawa, Peter Bogdanovich, Arnaud Desplechin, Paul Schrader

SINOPSE: Medio século despois da publicación de El cine según Hitchcock de François Truffaut, o director Kent Jones, coa colaboración no guión de Serge Toubiana, convida a algúns dos mellores directores do noso tempo a compartir os seus pensamentos sobre o perdurable legado e o xenio do mestre do suspense Alfred Hitchcock, tales como Martin Scorsese, Wes Anderson, David Fincher, Richard Linklater ou Olivier Assayas. E cun proveitoso material de arquivo que percorre toda a carreira de Alfred Hitchcock. VOSE