CINE / PROGRAMACIóNInicio

Gallo Gallo / Día 6 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Antonio Díaz Huerta
País: España
Ano: 2018
Xénero: Documental | Deporte. Surf. Discapacidad
Duración: 80 minutos
Produción: Frida Films, Marmoka Films
Guión: Antonio Diaz Huerta, Sergio Frade
Dirección de Fotografía: Jon Aguirresarobe
Montaxe: Susana Sotelo
Música: Vincent Barriere, Carlos de Castro

INTÉRPRETES: Documentary. Aitor Francesena

SINOPSE:

Aitor naceu cun glaucoma conxénito que lle fixo perder a visión do ollo dereito con tan só catorce anos. Malia os médicos recomendárenlle que non volvese facer surf, decidiu non seguir os seus consellos e perdeu a vista nun fatídico accidente mentres practicaba esta actividade. Tiña 39 anos. Hoxe, 5 anos despois do suceso, Aitor quere demostrar que as persoas con discapacidades poden enfrontarse a calquera reto que se propoñan, mais para iso el terá que prepararse fisica e mentalmente. Sobre todo terá que vencer as dúbidas e os medos de volver a revivir o accidente que o deixou cego. O documental de Antonio Díaz Huerta, producido por Frida Films, segue o surfista Aitor Francesena polas praias de Galicia, do País Vasco e de California.
VOE

 Tiempos modernos Tiempos modernos / Día 13 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Charles Chaplin
País: Estados Unidos
Ano: 1936
Duración: 89 minutos
Produción: United Artists
Guión: Charles Chaplin
Dirección de Fotografía: Rollie Totheroh, Ira Morgan (B&W)
Música: Charles Chaplin

INTÉRPRETES: Charles Chaplin, Paulette Goddard, Henry Bergman, Chester Conklin, Stanley Stanford, Hank Mann, Louis Natheaux, Allan Garcia

SINOPSE: Un obreiro con mala sorte acaba perdendo a razón ao ser incapaz de se adaptar ao funcionamento das máquinas industriais nunha cadea de montaxe. Tras recuperarse, logo dun tempo no hospital, encarcérano inxustamente por ser confundido co líder duns disturbios na rúa onde se topaba por casualidade. Na prisión, tamén sen pretendelo, axuda a controlar un motín polo que, cunha carta de recomendación, o poñen en liberdade. Pero a vida fóra do cárcere non é doada e fará todo o posible por volver alí. Nestas tentativas coñece unha moza orfa acusada de roubar un anaco de pan. A través dun vagabundo que loita por sobrevivir nunha sociedade industrial moderna, Charles Chaplin creou con Tiempos modernos unha das críticas cinematográficas máis elaboradas á deshumanización que orixinou a Revolución Industrial e a produción en masa no s. XX. Considerada como unha das obras mestras de Chaplin, Tiempos modernos contén algúns dos gags máis memorables do artista, ademais de ser a derradeira película onde aparece o inesquecible personaxe de Charlot. Malia non ser un filme mudo, a película carece de diálogos. O son utilízase con intención cómica e expresiva e, por vez primeira, Charlot dexa oír a súa voz cantando nun idioma inintelixible "Je cherche après Titine" (Daniderff, 1917). VOSE

 Tres caras Tres caras / Día 20 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Jafar Panahi
País: Irán
Ano: 2018
Xénero: Drama | Road Movie
Duración: 100 minutos
Produción: Jafar Panahi Film Productions
Guión: Jafar Panahi, Nader Saeivar
Dirección de Fotografía: Amin Jaferi
Montaxe: Masteneh Mohajer, Panah Panahi

INTÉRPRETES: Jafar Panahi, Behnaz Jaffari, Maedeh Erteghaei, Narges Delaram, Marziyeh Rezaei

SINOPSE: A coñecida actriz Behnaz Jafari non pode resistir a chamada de auxilio dunha rapaza de provincias cuxa familia quere impedirlle que siga estudando no Conservatorio de Teherán. Behnaz decide abandonar unha rodaxe e recorre ao cineasta Jafar Panahi para resolver o misterio que agochan os problemas da rapaza. Desprázanse en coche cara ao noroeste rural do país, onde coñecen os amables habitantes da poboación montañosa da actriz nova que está comezando. Mais os visitantes non tardan en descubrir que a tradición é tan poderosa coma a hospitalidade... VOSE

PREMIOS: 2018: Festival de Cannes: Mellor guión (ex aequo).