CINE / PROGRAMACIóNInicio

La caza La caza / Día 27 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Carlos Saura
País: España
Ano: 1966
Xénero: Drama | Caza. Amistad
Duración: 83 minutos
Produción: Elías Querejeta P.C.
Guión: Carlos Saura, Angelino Fons
Dirección de Fotografía: Luis Cuadrado (B&W)
Montaxe: Pablo G. del Amo
Música: Luis de Pablo

INTÉRPRETES: Ismael Merlo, Alfredo Mayo, José María Prada, Emilio Gutiérrez Caba, Violeta García, Fernando Sánchez Polack, Violeta García, María Sánchez Aroca

SINOPSE: “La caza é a sobria descrición dunha partida de caza de coellos nas terras do Jarama que contemplaron a famosa batalla durante a guerra civil; nela interveñen tres excombatentes e un mozo nacido despois da guerra, que protagonizan unha crecente tensión que acaba nunha mortífera espiral de violencia, ao deixaren libres todas as súas represións e odios larvados durante anos. Espléndida metáfora do cainismo español, ademais dos seus valores intrínsecos, entre os que se conta a recuperación do cine oficialista Alfredo Mayo, La caza implica outras cousas importantes para Saura e para o cine español. Neste último significa o arrinque do que se coñece como cine metafórico, do cal o propio Saura é durante anos o máximo expoñente; mais para o cineasta significa o encontro e comezo da colaboración co produtor Elías Querejeta, co que traballa ata 1981 (…).” (José Enrique Monterde, “Carlos Saura”, Diccionario del cine iberoamericano. SGAE/Fundación Autor, 2011) VOE

PREMIOS: 1966: Festival Internacional de Cine de Berlín: Oso de prata á mellor dirección Medallas del Círculo de Escritores Cinematográficos: Mellor película, actor (Alfredo Mayo), fotografía. Premio Antonio Barbero Emilio Gutiérrez Caba. Premios San Jorge: Mellor película española

Un violent désir de bonheur Un violent désir de bonheur / Día 4 de Decembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Clément Schneider
País: Francia
Ano: 2018
Xénero: Drama | Revolución Francesa
Duración: 75 minutos
Produción: Les Films d’Argile
Guión: Clément Schneider, Chloé Chevalier Vernier
Dirección de Fotografía: Manuel Bolaños
Montaxe: Anna Brunstein
Música: Joaquim Pavy

INTÉRPRETES: Quentin Dolmaire, Grace Seri, Franc Bruneau, Vincent Cardona, Francis Leplay, Etienne Durot, Ilias Le Doré, Guillaume Compiano

SINOPSE:

1792.  Illado nas montañas e lonxe do epicentro da Revolución Francesa, o mosteiro de Gabriel, un novo monxe, é requisado e convertido en cuartel polas tropas revolucionarias e a silenciosa muller que os acompaña, Marianne. As novas ideas, que Gabriel descobre a través da forzada cohabitación entre monxes e soldados, non o deixarán indiferente. VOSE

PREMIOS: Mención Especial do Xurado Novos Cinemas 2018.

Suburban Birds Suburban Birds / Día 11 de Decembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Qiu Sheng
País: China
Ano: 2018
Xénero: Drama
Duración: 118 minutos
Produción: Quasar Films / Flash Forward Entertainment / Chan Films
Guión: Sheng Qiu
Dirección de Fotografía: Xu Ranjun
Montaxe: Jin Di, Ching-Song Liao
Música: Xiaohe

INTÉRPRETES: Zihan Gong, Huang Lu, Mason Lee

SINOPSE: Producíronse varios afundimentos de terra nunha área suburbana. Para investigar as causas, as autoridades enviaron un equipo de enxeñeiros, entre os que se atopa Hao. Tras días de vagabundaxe e pesquisa a transportar o seu pesado equipo, Hao entra nunha escola de primaria e encontra un diario que relata a historia dun cativo que se separa dos seus mellores amigos. En canto o inquérito segue o seu curso, Hao descobre que o diario pode conter profecías sobre a súa propia vida. VOSE

PREMIOS: Novos Cinemas á mellor longametraxe da sección oficial 2018.