CINE / PROGRAMACIóNInicio

16 de Decembro 16 de Decembro / Día 21 de Novembro. Hora: 20:00 / Auditorio Vello Cárcere
Director: Álvaro Gago
País: España
Ano: 2019
Duración: 14 minutos

SINOPSE:

 Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado a outro. Os corpos buscan introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vinte e cinco anos, sae de
adestrar a balonmán e vai buscar ao seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer. VOG.

 

PREMIOS: El Gouna Film Festival (Exipto) - Mención Especial. ABYCINE - Festival de Cine de Albacete - Mellor Curtametraxe. Curtocircuito – Fest. Int. de cine de Santiago de Compostela - Mención Especial. FICBE - Festival Int. de Cortometrajes de Temática Social Berriozar - Mellor Curtametraxe. Festival de Cortos Diputación de Jaén contra la Violencia de Género -- Mellor Curtametraxe. Cormorán Film Fest - Premio do público.

Suc de síndria (zume de sandía) Suc de síndria (zume de sandía) / Día 21 de Novembro. Hora: 20:00 / Auditorio Vello Cárcere
Director: Irene Moray
País: España
Ano: 2019
Duración: 22 minutos

SINOPSE:

Bárbara e Pol vanse uns días de vacacións. Rodeados de natureza e amigos, buscan pasalo ben e á vez atopar un espazo tranquilo para gozar da súa intimidade. Co apoio de Pol, no medio da natureza, entre bágoas e risas, Bárbara aprende a soltarse, sandar vellas feridas e redefinir a súa sexualidade. VOSE