CINE / PROGRAMACIóNInicio

La hija de un ladrón La hija de un ladrón / Día 11 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Belén Funes
País: España
Ano: 2019
Xénero: Drama / Drama social
Duración: 102 minutos
Produción: Oberon Cinematografica, BTeam Pictures
Guión: Belén Funes, Marçal Cebrian
Dirección de Fotografía: Neus Ollé
Montaxe: Bernat Aragonés

INTÉRPRETES: Greta Fernández, Eduard Fernández, Àlex Monner

SINOPSE: Sara ten dúas peles: a segunda é a cámara de Belén Funes adherida a ela, que a segue ata nos momentos íntimos. As dúas epidermes de Sara son fráxiles, inquedas e pouco glamurosas. A iso, a actriz que a interpreta engádelle unha ollada aborrecida de loitar, na procura de afecto e cunha capacidade de sorpresa non esgotada, a pesar dos meandros da relación co tóxico padre. Os dous actores e a debutante directora constrúen neste filme urxente un presente familiar que permi te intuír que houbo antes e que ha suceder despois, porque ninguén pode escapar da súa vida, da súa xenética nin do aprendido. Por iso Sara, nai nova, traballadora incansable e deficitaria de compañía, estala cando ese determinismo maldito, acazapado baixo as súas dúas peles, acaba vencéndoa. [Alfonso Rivera, Catálogo FICX 2019].

PREMIOS: 2019: Festival de San Sebastián: Concha de Plata mejor actriz (Fernández) ex-aequo. 2019: Premios Goya: Mejor dirección novel. 2019: Premios Feroz: Nominada a mejor actriz (Greta Fernández). 2019: Premios Forqué: Nominada a mejor actriz (Greta Fernández). 2019: Premios Gaudí: Mejor film en lengua no catalana, dirección y guion.

Os fillos da vide Os fillos da vide / Día 18 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Ana Domínguez
País: España
Ano: 2019
Xénero: Documental | Vida rural
Duración: 70 minutos
Produción: eSe8 Cinema
Guión: Ana Domínguez
Dirección de Fotografía: Ángel Rueda
Montaxe: Ángel Rueda
Música: Lucía Rolle

INTÉRPRETES: Documentary

SINOPSE: “Regresando ás súas raíces, Ana Domínguez intérnase nunha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións; os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e das tradicións en perigo de extinción, a través das paisaxes e das persoas que as habitan, debuxan esta ollada en que etnografía e emoción se funden nunha revelación das correntes pagás e míticas das bacanais que son as festas populares, explosións de fertilidade e de vida” (catálogo Márgenes). Primeira longametraxe de Ana Domínguez, directora da prestixiosa Mostra de Cinema Periférico (S8) da Coruña.

Curtas Curtas / Día 25 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Alice Guy-Blaché
País: USA
Ano: 1911/19
Xénero: Cine mudo
Duración: 86 minutos

SINOPSE:

* Greater Love Hath No Man. Ano: 1911. Duración: 14 minutos. Repartición:  Romaine Fielding, Vinnie Burns. Sinopse: Considerado por moitos como o primeiro western de orixe francés, a lexendaria cineasta pioneira Alice Guy-Blanché (1873-1968) constrúe un relato, que, dentro das súas capacidades de versatilidade xenérica, xira arredor dun triángulo amoroso en plena época da febre do ouro.


* Falling Leaves. Ano: 1912. Duración: 12 minutos. Repartición: Mace Greenleaf, Blanche Cornwall. Sinopse: O doutor Headley realiza unha proba exitosa contra a tuberculose. Entrementres, a moza Winifred xace na súa casa, na cama, presa dunha enfermidade. É outono e as follas caen. Unha visita oportuna do doutor Headley pode salvar a doente ao tempo que estimular unha historia de amor.


* Making an American Citizen. Ano: 1912. Duración: 14 minutos. Repartición: Lee Beggs, Blanche Cornwall. Sinopse: Un filme avanzado ao seu tempo, capaz de integrar feminismo, loita contra a opresión, inmigración e integración cultural a través da historia dunha parella de europeos susceptibles de se converteren en “bos americanos”.


* A Fool and his Money. Ano: 1912. Duración: 10 minutos. Repartición: James Russell. Sinopse: Alice Guy concibe un título insólito, unha das primeiras películas con elenco integramente afroamericano. Comedia satírica sobre os avatares dunha familia negra de clase media (outro elemento daquela atípico), a lea xorde polo achado dunha cantidade importante de diñeiro.


* The Ocean Waif. Ano: 1916. Duración: 36 minutos. Repartición: Carlyle Blackwell, Doris Kenyon. Sinopse: tratada brutalmente por un home sádico, que a obriga a traballar como escrava e bate nela. Nesa localidade, un célebre novelista namorarase dela.