CINE / PROGRAMACIóNInicio

Not Wanted Not Wanted / Día 7 de Outubro. Hora: 20:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Elmer Clifton, Ida Lupino
País: Estados Unidos
Ano: 1949
Xénero: Drama | Melodrama
Duración: 91 minutos
Produción: Emerald Productions Inc
Guión: Paul Jarrico, Ida Lupino, Marvin Wald (historia)
Dirección de Fotografía: Henry Freulich (B&W)
Montaxe: William Ziegler
Música: George Greeley, Leith Stevens

INTÉRPRETES: Sally Forrest, Keefe Brasselle, Leo Penn, Dorothy Adams, Rita Lupino, Wheaton Chambers, Audrey Farr, Carole Donne, Ruth Clifford, Ruthelma Stevens, Virginia Mullen, Roger Anderson

SINOPSE: Ida Lupino asume este proxecto por enfermidade do director inicial, Elmer Clifton. Tras un romance cun pianista e unha rifa cos pais, unha moza de 19 anos abandona a súa casa e descobre que está preñada. A afinidade polo sombrío e o tratamento expresionista dos espazos emprendido por Lupino na súa inusual produción nunha historia polo demais afouta para o momento, capaz de tratar cuestións coma as nais solteiras ou a fuxida do fogar. Un título que sería explotado polos produtores con outras montaxes. VOSG

Os fillos da vide Os fillos da vide / Día 14 de Outubro. Hora: 20:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Ana Domínguez
País: España
Ano: 2019
Xénero: Documental | Vida rural
Duración: 70 minutos
Produción: eSe8 Cinema
Guión: Ana Domínguez
Dirección de Fotografía: Ángel Rueda
Montaxe: Ángel Rueda
Música: Lucía Rolle

INTÉRPRETES: Documentary

SINOPSE: Regresando ás súas raíces, Ana Domínguez intérnase nunha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións; os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e das tradicións en perigo de extinción, a través das paisaxes e das persoas que as habitan, debuxan esta ollada en que etnografía e emoción se funden nunha revelación das correntes pagás e míticas das bacanais que son as festas populares, explosións de fertilidade e de vida” (catálogo Márgenes). Primeira longametraxe de Ana Domínguez, directora da prestixiosa Mostra de Cinema Periférico (S8) da Coruña.

The Bigamist The Bigamist / Día 21 de Outubro. Hora: 20:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Ida Lupino
País: Estados Unidos
Ano: 1953
Xénero: Drama
Duración: 80 minutos
Produción: The Filmakers
Guión: Larry Marcus, Lou Schor, Collier Young
Dirección de Fotografía: George E. Diskant (B&W)
Música: Leith Stevens

INTÉRPRETES: Joan Fontaine, Ida Lupino, Edmund Gwenn, Edmond O´Brien, Kenneth Tobey, Jane Darwell, Peggy Maley, Lilian Fontaine, Matt Dennis, John Maxwell

SINOPSE: Un comercial de San Francisco, Harry Graham, asiste coa muller a unha visita co obxectivo de solicitar a adopción dun neno. Ao realizárense as preceptivas pescudas sobre os pais, o señor Jordan, responsable da axencia de adopción, sospeita que o home agocha algo. Axiña saberá que está casado nos Ánxeles e ten un fillo. Estupefacto, Jordan será testemuña do seu relato. Relato fresco e áxil, de fondo complexo e inusual modernidade, que ofrece unha historia avituallada dun estimulante elenco (a propia Ida Lupino, Joan Fontaine, Edmund Gween e Edmond O´Brien). VOSG

Curtas Curtas / Día 28 de Outubro. Hora: 20:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Alice Guy-Blaché
País: Estados Unidos
Ano: 1911/1
Xénero: Cine mudo
Duración: 86 minutos

SINOPSE:

* Greater Love Hath No Man. Ano: 1911. Duración: 14 minutos. Repartición:  Romaine Fielding, Vinnie Burns. Sinopse: Considerado por moitos como o primeiro western de orixe francés, a lexendaria cineasta pioneira Alice Guy-Blanché (1873-1968) constrúe un relato, que, dentro das súas capacidades de versatilidade xenérica, xira arredor dun triángulo amoroso en plena época da febre do ouro.

* Falling Leaves. Ano: 1912. Duración: 12 minutos. Repartición: Mace Greenleaf, Blanche Cornwall. Sinopse: O doutor Headley realiza unha proba exitosa contra a tuberculose. Entrementres, a moza Winifred xace na súa casa, na cama, presa dunha enfermidade. É outono e as follas caen. Unha visita oportuna do doutor Headley pode salvar a doente ao tempo que estimular unha historia de amor.

* Making an American Citizen. Ano: 1912. Duración: 14 minutos. Repartición: Lee Beggs, Blanche Cornwall. Sinopse: Un filme avanzado ao seu tempo, capaz de integrar feminismo, loita contra a opresión, inmigración e integración cultural a través da historia dunha parella de europeos susceptibles de se converteren en “bos americanos”.

* A Fool and his Money. Ano: 1912. Duración: 10 minutos. Repartición: James Russell. Sinopse: Alice Guy concibe un título insólito, unha das primeiras películas con elenco integramente afroamericano. Comedia satírica sobre os avatares dunha familia negra de clase media (outro elemento daquela atípico), a lea xorde polo achado dunha cantidade importante de diñeiro.

* The Ocean Waif. Ano: 1916. Duración: 36 minutos. Repartición: Carlyle Blackwell, Doris Kenyon. Sinopse: tratada brutalmente por un home sádico, que a obriga a traballar como escrava e bate nela. Nesa localidade, un célebre novelista namorarase dela.