CINE / PROGRAMACIóNInicio

The blot The blot / Día 4 de Novembro. Hora: 20:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Phillips Smalley, Lois Weber
País: stados Unidos
Ano: 1921
Xénero: Drama | Cine mudo
Duración: 94 minutos
Produción: Lois Weber Productions
Guión: Marion Orth, Lois Weber
Dirección de Fotografía: Philip R. Du Bois, Gordon Jennings (B&W)
Música: Muda

INTÉRPRETES: Philip Hubbard, Margaret McWade, Claire Windsor, Louis Calhern, Marie Walcamp, Larry Steers, William H. O Brien, Gertrude Short

SINOPSE: Directora de filmes exitosos marcados ás veces por grandes e polémicos temas (do aborto á pena de muerte ou o alcolismo), en The Blot, a estadounidense Lois Weber (1879-1939) trata con suma agudeza a cuestión da desigualdade económica –e o contraste entre coñecemento e cobiza pouco escrupulosa- na contorna contemporánea e, por tanto, capitalista. Aproximámonos ás vidas de dúas familias veciñas, unha cos escasos recursos dun profesor, a outra dun empresario zapateiro rico.

 La familia Samuni La familia Samuni / Día 11 de Novembro. Hora: 20:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Stefano Savona
País: Francia, Italia
Ano: 2018
Xénero: Drama. Animación | Familia
Duración: 128 minutos
Produción: Picofilms, Alter Ego Production, Dugong Films
Guión: Stefano Savona, Léa Mysius, Penelope Bortoluzzi
Dirección de Fotografía: Stefano Savona
Montaxe: Luc Forveille
Música: Giulia Tagliavia

INTÉRPRETES: Documental, Animación

SINOPSE:

 Na periferia rural da cidade de Gaza, unha pequena comunidade de agricultores, a familia Samuni, disponse a celebrar unha voda. É a primeira festa desde a última guerra. Amal, Fuad, os seus irmáns e curmáns perderon a seus pais, os seus fogares e as súas oliveiras. O barrio no que viven está a ser reconstruído. Replantan as árbores e aran os campos, pero unha tarefa aínda máis difícil recae sobre estes mozos superviventes: reconstruír a súa propia memoria. A través dos seus recordos, A familia Samuni traza un profundo retrato dunha familia antes, durante e despois dos tráxicos sucesos que mudaron as súas vidas para sempre.
VOSG

PREMIOS: 2018: Premios David di Donatello: Nominada a Mellor documental

No creas que voy a llorar No creas que voy a llorar / Día 18 de Novembro. Hora: 20:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Frank Beauvais
País: Francia
Ano: 2019
Xénero: Documental | Documental sobre cine
Duración: 75 minutos
Produción: Films du Bélier, Les Films Hatari, Le Studio Orlando, CNC, Région Grand Est, Strasbourg Métropole, Ciné+
Guión: Frank Beauvais
Dirección de Fotografía: (B&W)

INTÉRPRETES: Documental

SINOPSE: Un home de 45 anos vive illado nun pobo alsaciano de montaña. Só, tras a ruptura da relación que un día levoulle ata alí, a súa única saída é o visionado continuado de películas de todas as épocas (de Eastwood a Bonello, de Carpenter a Von Sternberg). O seu berro de desesperación, a súa mensaxe de náufrago, móstrase a través deses filmes que deglute de forma compulsiva a razón de tres, catro ou cinco por noite. Cinema composto por fragmentos doutros, o Cinema como salvación e condena, como obxecto romántico definitivo. Frank Beauvais compón unha impresionante colaxe de imaxes, un catálogo imperdible para quen coñecese de preto a soidade e fuxisen dela a través do Cinema.