CINE / PROGRAMACIóNInicio

Petite fille Petite fille / Día 5 de Maio. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Sébastien Lifhitz
País: Francia
Ano: 2020
Xénero: Documental / transexualidade
Duración: 85 minutos
Guión: Sébastien Lifhitz
Dirección de Fotografía: Sébastien Lifhitz

INTÉRPRETES: Documental

SINOPSE: Sasha cuestiona o xénero xa con 7 anos. Ten claro que cando medre ha ser unha nena. E o que para ela pasa por natural é unha dificultade na contorna da súa cidade de provincias, malia o apoio incondicional dos pais (que percorreron tamén o seu propio camiño cara ao entendemento). Sébastien Lifshitz segue a vida de Sasha durante un ano, as súas clases de ballet, a súa terapia, as súas relacións cos outros, e a patente hostilidade cara a ela dunha sociedade que se nega a aceptala como é (na escola non lle permiten levar vestimenta feminina), nun documental conmovedor e tocado pola inspiración estreado na Berlinale. VOSE

PREMIOS: 2020: Premios do Cine Europeo: Mellor son. Nominada a mellor documental.

A media voz A media voz / Día 12 de Maio. Hora: 18:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Patricia Pérez, Heidi Hassan
País: Cuba, España, Francia, Suíza
Ano: 2019
Xénero: Documental | Amistade. Maternidade
Duración: 80 minutos
Produción: Matriuska Producciones, Perspective Films, La 5ª Avenida Producciones, PCT Cinéma & Télévision S.A
Guión: Patricia Pérez, Heidi Hassan
Dirección de Fotografía: Heidi Hassan, Patricia Pérez, Lucía C. Pan, Joakim Chardonnens, Blaise Villars, Almudena Sánchez, David Rodríguez Alfonso

INTÉRPRETES: Documental, intervencións de: Heidi Hassan, Patricia Pérez Fernández

SINOPSE: Un filme documental autobiográfico coproducido entre varios países e expresado a través de videocartas. Dúas cineastas cubanas amigas da infancia e compañeiras de estudos, Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández, percorren as súas vidas –a creación, as identidades, o tempo ou a maternidade– marcadas tamén pola longa separación e a correspondencia desde lugares distantes, Suíza (Xenebra) e Galicia (Fisterra). Premiado en Málaga, La Habana ou Ámsterdam, nominado aos premios Goya e aos Feroz. Colabora na montaxe a cineasta galega Diana Toucedo. VO

PREMIOS: 2020: Premios Feroz: Nominada ao Mellor documental. 2020: Festival de Málaga: mellor dirección (documental). 2019: Festival de La Habana: Mellor documental. 2020: IDFA (International Documentary Film Festival Amsterdam): Mellor documental.

 Dorothé na vila Dorothé na vila / Día 19 de Maio. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Alejandro Gándara, Olaia Tubío
País: España
Ano: 2020
Xénero: Documental | Documental sobre música
Duración: 85 minutos
Produtores: Alejandro Gándara, Olaia Tubío
Guión: Alejandro Gándara, Olaia Tubío
Dirección de Fotografía: Rubén Gasalla, Olaia Tubío
Montaxe: Lucía Estévez

SINOPSE: A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos anos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que conforman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tras os pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida. Un documental nominado aos Mestre Mateo. VO

Linda Linda / Día 26 de Maio. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Dorothy Davenport
País: Estados Unidos
Ano: 1929
Xénero: Drama | Cine mudo
Duración: 73 minutos
Produción: Mrs. Wallace Reid Productions
Guión: Maxine Alton, Wilfred Noy, Frank OConnor, Ruth Todd; novela Margaret Prescott
Dirección de Fotografía: Ernest Laszlo, Bert Baldridge, Henry Cronjager
Montaxe: Willis Kent

INTÉRPRETES: Warner Baxter, Helen Foster, Noah Beery, Mitchell Lewis, Kate Price, Allen Connor, Bess Flowers

SINOPSE: As circunstancias fan que unha moza deba casar cun home moito máis vello en prexuízo dun médico novo do que está namorada. Outro melodrama de Dorothy Davenport onde ofrece a súa inusual perspectiva e aborda sen ambaxes a discriminación da muller, a educación emocional e as expectativas sociais xeradas. VO