CINE / PROGRAMACIóNInicio

Pauline  à la plage Pauline à la plage / Día 3 de Maio. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Éric Rohmer
País: Francia
Ano: 1983
Xénero: Romance. Drama. Comedia | Adolescencia. Celos. Drama romántico
Duración: 94 minutos
Produción: Les Films du Losange, Les Films Ariane
Guión: Éric Rohmer
Dirección de Fotografía: Néstor Almendros
Música: Jean-Louis Valero

INTÉRPRETES: Amanda Langlet, Arielle Dombasle, Pascal Greggory, Feodor Atkine, Rosette, Simon da Brosse

SINOPSE:

Pauline, unha moza de 15 años, pasa o verán coa súa prima Marion. Na Francia atlántica, Marion atopa a Pierre, un antigo amigo namorado dela. Porén, ela prefire a Henri, un aventureiro de vida itinerante e un tanto misteriosa. Pauline tamén vai ter un romance. Un filme fresco e sinxelo, que departe sobre o desexo, a beleza, o amor, namentres afronta con naturalidade as relacións entre os personaxes. Constitúe a terceira entrega da serie Comedias e proverbios. Partindo dunha frase de Chrétien de Troyes, “Qui trop parole, else mes fait” (Quen fala de máis, faise dano a si mesmo), o filme de Rohmer, premio en Berlín 1983 á dirección e tamén FIPRESCI, redescobre a intérpretes en estado de graza (Pascal Greggory, Arielle Dombasle, Feodor Atkine, a magnífica adolescente Amanda Langlet) e amosa outro axustado e brillante traballo visual de Néstor Almendros.
VOSE

PREMIOS: 1983: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor director, FIPRESCI. 1983: Asociación de Críticos de Boston: Mellor guión

Le  genou de  Claire Le genou de Claire / Día 10 de Maio. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Éric Rohmer
País: Francia
Ano: 1970
Xénero: Romance. Drama. Comedia | Drama romántico. Nouvelle vague. Adolescencia
Duración: 105 minutos
Produción: Les Films du Losange
Guión: Éric Rohmer
Dirección de Fotografía: Néstor Almendros
Música: Varios

INTÉRPRETES: Jean-Claude Brialy, Béatrice Romand, Aurora Cornu, Laurence de Monaghan, Michel Montel, Gérard Falconetti, Fabrice Luchini

SINOPSE:

O quinto dos Contos morais de Rohmer conta a historia de Jérôme (Jean Claude Brialy, mellor aproveitado que nunca), un diplomático de vacacións en Annecy. Próxima a data da súa voda, en connivencia con Aurora, unha novelista e antiga amante, próponse conquistar a Laura, unha moza moi nova. Deseguido ha descubrir tamén a Clara, irmá de Laura. Outro dos filmes que fixeron célebre o implacable e transparente estilo de Eric Rohmer, un (meta)relato de inesquecible beleza, sutil e cheo de humor onde o amor e a amizade aparecen como eixos arredor dos que gravita o filme. Cuncha de Ouro en Donostia.
VOSE

PREMIOS: 1971: Festival de San Sebastián: Concha de Ouro - Mellor película. 1971: Globos de ouro: Nomeada Mellor película estranxeira. 1971: Círculo de Críticos de Nova York: Nomeada a mellor guión.

 Ma  nuit  chez  Maud Ma nuit chez Maud / Día 24 de Maio. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Éric Rohmer
País: Francia
Ano: 1969
Xénero: Drama. Romance. Comedia | Drama romántico. Nouvelle vague
Duración: 105 minutos
Produción: Les Films du Losange
Guión: Éric Rohmer
Dirección de Fotografía: Néstor Almendros ( B&W)
Música: Wolfgang Amadeus Mozart

INTÉRPRETES: Jean-Louis Trintignant, Françoise Fabian, Marie- Christine Barrault, Antoine Vitez, Leonid Kogan.

SINOPSE:

Jean-Louis, un enxeñeiro católico volve a traballar a Francia, a Clermont-Ferrand, despois de anos en América. Un día, á saída da misa, fíxase en Françoise, unha muller loira, e presente que algún día casará con ela, mais pérdea entre a multitude. Jean-Louis atopa o seu vello amigo Vidal, un marxista convencido que o leva á casa de Maud, unha muller divorciada. O terceiro dos Contos Morais de Eric Rohmer rodouse en cuarto lugar e con actores profesionais. A intensidade, a sagacidade, o rigor ou a fondura dos diálogos, amosan a sinxeleza de Rohmer para describir universos complexos. Un branco e negro portentoso de Néstor Almendros ilumina unha peza mestra nominada a dous Oscars, que atesoura, entre outras virtudes, unha inesquecible amálgama de debate (católico) e verbalización das relacións sexuais.
VOSE

PREMIOS: 1969: Nomeada ao Óscar: Mellor película de fala non inglesa. 1970: Nomeada ao Óscar: Mellor guión. 1969: Festival de Cannes: Nomeada á Palma de Ouro (mellor película). 1970: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor guión. 2 nomeamentos.

Chungking Express Chungking Express / Día 31 de Maio. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Wong Kar-wai
País: R.A.E. Hong Kong, China
Ano: 1994
Xénero: Drama. Romance | Película de culto. Película de episodios
Duración: 102 minutos
Produción: Jet Tone Production
Guión: Wong Kar-wai
Dirección de Fotografía: Christopher Doyle, Andrew Lau
Montaxe: William Chang, Kai Kit-wai, Kwong Chi-leung
Música: Frankie Chan, Roel A. García, Michael Galasso

INTÉRPRETES: Brigitte Lin, Takeshi Kaneshiro, Tony Leung Chiu-Wai, Faye Wong, Valerie Chow, Chen Jinquan, Vickie Eng, Lynne Langdon

SINOPSE: Dúas historias de amor independentes que se desenvolven no popular barrio turístico de Tsimhatsui, en Hong Kong. A primeira describe o fuxidío encontro entre un policía mozo en plena crise amorosa e unha misteriosa muller fatal traficante de drogas. A segunda céntrase no singular romance entre un solitario e sinxelo axente de policía e a camareira moza do bar onde aquel adoita xantar. VOSE

PREMIOS: 1997: Premios Independent Spirit: Nominada a Mellor película estranxeira. 1996: Asociación de Críticos de Chicago: Nominada a Mellor película estranxeira. 1994: Festival de Chicago: Nominada ao Hugo de Ouro. 1994: Festival de Locarno: Nominada ao Leopardo de Ouro.