Iniciamos as viaxes do derraderiro trimestre do ano 2023 cunha visita ao Courel na que dedicaremos a maior pare do tempo á Devesa da Rogueira e á Fundación Uxío Novoneyra. Membros da Fundación, na que desempeñan o papel fundamental a viúva do Poeta, Elba e os seus fillos Branca e Uxío, guiarannos polos escenarios de creación do vate courelao, lembrando a súa obra literaria e as súas vivencias, ligadas a unha paisaxe que sempre impacta pola conxunción perfecta, desde hai miles de anos, entre a Natureza e a Humanidade.
Día 14 de outubro. Saída 09:00 horas.