CINE / PROGRAMACIóNInicio

Honeyland Honeyland / Día 7 de Xuño. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Tamara Kotevska, Ljubomir Stefanov
País: Macedonia do Norte
Ano: 2019
Xénero: Alimentación, economía e consumo, medio ambiente
Duración: 85 minutos
Produción: Atanas Georgiev ( Trice Films)
Dirección de Fotografía: Fejmi Daut, Samir Ljuma
Música: Foltin

INTÉRPRETES: Hatidze Muratova

SINOPSE: Nunha rexión remota e montañosa dos Balcáns, Hatidze Muratova vive coa súa nai enferma nunha aldeíña sen estradas, nin electricidade nin auga corrente. Ela dedícase a criar colonias de abellas nunhas cestas feitas a man que deixa escondidas entre as rocas. Grazas a un ritual secreto, o prezado líquido que producen, non se esgota nunca. Sen protección nin axuda, é capaz de amansarlas para poder extraer o mel e vendela á cidade máis próxima. A chegada dunha familia nómade coa súa furgoneta destartalada, sete fillos inquietos e un rabaño de gando parece estorbar a paz de Hatidze e das súas abellas. Nun primeiro momento, recíbeos cos brazos abertos, ofrecendo o seu afecto, o seu brandy e os seus consellos de apicultura. Pero non pasa moito tempo antes de que Hussein, o patriarca da familia nómade, visualice a oportunidade para poñer en práctica os seus intereses comerciais co mel para poder alimentar aos seus nenos. A pesar de que a chegada da familia proporciona compañía e alivio á soidade de Hatidze, tamén provoca unha desfeita na orde natural da zona e unha ameaza aos seus medios de supervivencia. Un retrato sobrecogedor que fala sobre a desaparición dunha forma de vida, e que evidencia o fráxil equilibrio entre humanidade e natureza a través da mirada dunha muller resiliente e extraordinaria. V.O. en dialecto turco, subtitulada en castelán.

PREMIOS: Nomeada aos Premios Óscar a Mellor Película Internacional e a Mellor Documental – Estados Unidos, 2020 World Cinema Grand Jury Prize, Sundance – Estados Unidos, 201. Special Jury Award for Impact for Change, Sundance – Estados Unidos, 2019. Special Jury Award for Cinematography, Sundance – Estados Unidos, 2019. Golden Athena Best Documentary Award, Athens International Film Fest – Grecia, 2019. Jury Award, BIFF – Estados Unidos, 2019. Best First Documentary & Most Compelling Subject, Critics’ Choice Documentary Awards – Estados Unidos, 2020. Best International Film, DocAviv Film Fest – Israel, 2019. Premio TV3 a Mellor Documental, DocsBarcelona – España, 2019. Grand Prix Bank Millenium Award, Millennium Docs Against Gravity – Polonia, 2019. The Maior of Gdynia Award to Best Documentary, Millennium Docs Against Gravity – Polonia, 2019. Special Jury Prize, Sarasota Film Festival – Estados Unidos, 2019. Critics Award to International Film & New Directors Competition Award to Best Documentary, São Paulo International Film Festival – Brasil, 2019. Espiga Verde, SEMINCI Valladolid – España, 2019.

Las cinéphilas Las cinéphilas / Día 14 de Xuño. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: María Álvarez
País: Arxentina
Ano: 2017
Xénero: Documental | Documental sobre cinema. Vellez
Duración: 71 minutos
Guión: María Álvarez
Dirección de Fotografía: Tirso Díaz, Jares Roda

INTÉRPRETES: Documental (intervencións de: Paloma Diez-Picasso, Chelo Domínguez, Estela Clavería, Norma Bárbaro, Lucía Aguirre)

SINOPSE:

As cinéfilas do título son mulleres xubiladas de Arxentina, España e Uruguai, que van ao cinema todas as tardes. Como unha pingueira, a ficción vaise coando nas súas vidas e deixa pegadas na memoria. VOE.

Previamente recuperemos os 20 últimos minutos da Honeyland que foi imposible ver o luns, día 7 de xuño, no Salón de Actos da Deputación Provincial.
Cambiamos de sala e programamos un segundo pase, obrigado pola diferencia de aforo, o xoves, día 17. 


 

PREMIOS: 2018 Premios Sur: Nomeado a Mellor documental Premio del Público (Festival de Ourense) Premio del Público a la Mejor Película Argentina (BAFICI) Mejor Documental (FIDBA).

 El amor y la muerte. Historia de Enrique Granados El amor y la muerte. Historia de Enrique Granados / Día 21 de Xuño. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Arantxa Aguirre
País: España
Ano: 2018
Xénero: Documental | Documental sobre música
Duración: 77 minutos
Produción: López Li Films / TVE / ICAA
Guión: Arantxa Aguirre
Dirección de Fotografía: José Luis López-Linares
Música: Enrique Granados

INTÉRPRETES: Documentary, Rosa Torres Pardo, Evgeny Kissin, José Manuel Cañizares, Miguel Arcángel Rivera, Rocío Márquez, Nancy Fabiola Herrera, Ana María Valderrama, Luis del Valle, Elisabet Ros, Alexis Delgado, Adolfo Gutiérrez Arenas, Julien Favreau

SINOPSE:

Documental que recrea a historia apaixonante e tormentosa do compositor Enrique Granados na Barcelona de finais do século XIX e principios do  XX, as súas viaxes a Madrid, París e Nova York, a loita pola vida e os primeiros triunfos... O relato mestúrase con novas versións das súas obras mestras a cargo de intérpretes da talla de Rosa Torres-Pardo, Evgeny  Kissin,  Cañizares, Arcángel, Rocío Márquez, Carlos Álvarez ou  Nancy Fabiola Herrera, entre outros.
VOE

Celebramos o "Día europeo da música".

Segundo pase, martes, día 22, obrigado pola diferencia de aforo ao cambiar de sala.