CINE / PROGRAMACIóNInicio

Conto de primavera Conto de primavera / Día 29 de Setembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Éric Rohmer
País: Francia
Ano: 1990
Xénero: Romance. Drama | Amizade. Familia. Comedia dramática
Duración: 108 minutos
Produción: Lles Films du Losange, Compagnie Eric Rohmer ( CER), Investimage
Guión: Éric Rohmer
Dirección de Fotografía: Luc Pages
Montaxe: María Luisa García
Música: Ludwig van Beethoven

INTÉRPRETES: Anne Teyssedre, Florence Darel, Hugues Quester, Eloise Bennet

SINOPSE:

 O comezo dunha nova serie de filmes de Éric Rohmer, os Contos das Catro Estacións. Unha moza profesora graduada en filosofía é convidada a pasar unha fin de semana no campo por unha amiga, quen tamén leva ao seu pai, que á súa vez vai coa súa moza amante. Por unha serie de circunstancias, a profesora e o pai da súa amiga quedan sós. A simplicidade, o número reducido de personaxes, a complexidade das relacións e os sentimentos máis uns diálogos de excelencia marcan éste título perspicaz que amosa a vulnerabilidade dos afectos, a errancia ou os principios sociais con momentos memorables como unha cea e un diálogo de seducción, mentres escoitamos a Schumann, Beethoven ou Valero. VOSE

En colaboración coa Filmoteca de Galicia, segundo convenio de colaboración coa AGADIC.

Conto de verán Conto de verán / Día 6 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Éric Rohmer
País: Francia
Ano: 1996
Xénero: Romance. Drama | Drama romántico. Amistad
Duración: 113 minutos
Produción: Lles Films du Losange
Guión: Éric Rohmer
Dirección de Fotografía: Diane Baratier
Música: Philippe Eidel, Sebastien Erms

INTÉRPRETES: Melvil Poupaud, Amanda Langlet, Aurélia Nolin, Gwenaëlle Simon, Aimé Lefèvre, Alain Guellaff, Evelyne Lahana, Yves Guérin, Franck Cabot

SINOPSE:

O terceiro filme do ciclo dos Contos das Catro Estacións presenta o verán dun mozo melómano, en aparencia solitario, Gaspard, de vacacións no balneario francés de Dinard. A súa idea é atoparse alí con Lena, da que está fondamente namorado. Mais neses días coñece a dúas mozas máis que quizais lle suxiran novos rumbos ao seu corazón. Perspicaz, natural, sinxelo, o retratista do verán que é Éric Rohmer, de novo elabora unha narración pola que sobresae o hábil e maxistral explorador das emocións. VOSE

En colaboración coa Filmoteca de Galicia, segundo convenio de colaboración coa AGADIC.
 

Conto de outono Conto de outono / Día 13 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Éric Rohmer
País: Francia
Ano: 1998
Xénero: Romance. Drama | Amizade. Drama romántico
Duración: 112 minutos
Produción: Films du Losange, La Sept Cinéma, Sofadinko
Guión: Éric Rohmer
Dirección de Fotografía: Diane Baratier
Montaxe: Mary Stephen
Música: Claude Marti, Gérard Pansanel, Pierre Peyras, Antonello Salis

INTÉRPRETES: Béatrice Romand, Marie Rivière, Didier Sandre, Alain Libolt, Alexia Portal, Stephane Darmon, Aurelia Alcais

SINOPSE:

Unha viticultora, Magali, queda soa na súa casa familiar de campo ao independizarse os seus fillos. A súa amiga Isabelle parece decidida a atoparlle parella e mesmo recurre aos anuncios por palabras. Namentres, Rosine, amiga do seu fillo, tamén quere procurarlle mozo a Magali. As intrigas de ambas terán que vencer a preguiza e resistencia de Magali. Peche dos Contos das Catro Estacións con outro relato delicioso, perspicaz, unha exaltación dos sentidos e sagaz análise das complexidades do ser humano. VOSE.

En colaboración coa Filmoteca de Galicia, segundo convenio de colaboración coa AGADIC.

PREMIOS: 1998- Festival de Venecia: Premio ao mellor guión.

Conto de inverno Conto de inverno / Día 20 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Éric Rohmer
País: Francia
Ano: 1992
Xénero: Romance. Drama | Drama romántico. Melodrama
Duración: 114 minutos
Produción: Les Films du Losange, CER, Investimage
Guión: Éric Rohmer
Dirección de Fotografía: Luc Pagès
Montaxe: Mary Stephen
Música: Sebastien Erms

INTÉRPRETES: Charlotte Vêry, Frédéric van dean Driessche, Michel Voletti, Rosette, Ava Loraschi, Haydée Caillot, Christiane Desbois, Danièle Lebrun, Hervé Furic, Roger Dumas, Marie Rivière

SINOPSE:

Durante as vacacións do verán, Felicia e Charles teñen un apaixonado romance, mais debido a unha confusión de enderezos perden o contacto. Cinco anos despois, en Nadal, Felicia está en París coa súa nai e a súa filla, nacida nove meses despois daquel verán. O segundo dos Contos das Catro Estacións é outro relato fondo, sorprendente, un ensaio en forma de conto filosófico onde o amor resulta o elemento central e a literatura –da novela bizantina a Shakespeare (ollo a un segmento que representa unha obra do xenio de Stratford-upon-Avon)- devén decisiva. A obsesión polo amor ausente e a vulnerabilidade dos afectos na contorna ofrecen deste xeito un filme intenso e lúcido. VOSE

En colaboración coa Filmoteca de Galicia, segundo convenio de colaboración coa AGADIC.