CINE / PROGRAMACIóNInicio

O segredo da Frouxeira O segredo da Frouxeira / Día 22 de Xaneiro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación de Lugo
Director: Xosé Abad
País: España
Ano: 2010
Xénero: Documental
Duración: 60 minutos
Produtores: ESTUDIO DE ACTIVIDADES FOTOGRAFICAS, S.L.
Produción: Héctor Diéguez
Guión: Xosé Abad
Dirección de Fotografía: Suso Bello
Montaxe: Sandra García Rey
Música: Marcelino Galán

SINOPSE:

“Nós non pedimos vinganza, só coñecer a verdade” 
Setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, Paulino Gasalla atopa un pequeno paquete con recortes e recordos. Impresionado inicia unha minuciosa investigación que lle levará a se afrontar ás consecuencias que implica o seu descubrimento. O Segredo da Frouxeira afonda na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas. 
Este documental presenta un novo punto de vista da Guerra Civil Española e as súas consecuencias aínda hoxe. 
“Unha historia reveladora dun descubrimento transformador”.

Segundo o seu director, Xosé Abad, “este documental forma parte da Memoria Histórica, tanto polos feitos relatados como polas datas que se rememoran, pero sobre todo é unha crónica de actualidade. 
Partimos da investigación iniciada por Paulino Gasalla sobre o seu familiar Alejandro Porto Leis, derradeiro alcalde republicano de Serantes en Ferrol, que foi “paseado” xunto con tres veciños en 1938. Sucesos coma este, de hai máis de 70 anos, seguen aínda afectando a moitas familias hoxe en día.

www.osegredodafrouxeira.com/

PREMIOS: Finalista nos premios MESTRE MATEO ao mellor documental.
Selección oficial no Festival Internacional de Cine Independiente Mexicano:”Contra el silencio todas las voces” na categoría “Derechos Humanos”.