CINE / PROGRAMACIóNInicio

La danza de la lluvia La danza de la lluvia / Día 1 de Decembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Alber Ponte
País: España
Ano: 2021
Duración: 122 minutos
Produción: Sierra Madre Films
Guión: Alber Ponte
Dirección de Fotografía: Armando Molina II
Montaxe: Dani Bustos

INTÉRPRETES: Gemma Gávez, Alber Ponte

SINOPSE:

“La danza de la lluvia é un filme cuxo argumento discorre polas sempre inesperadas e complicadas relacións sentimentais, mais non as xulga, simplemente acompaña unhas persoas que, ao igual que todos, son incapaces de evitaren que o amor, para ben ou para mal, volva a abalar as súas vidas. Se é verdade que o amor está no aire, tamén é certo que hai moita xente con problemas respiratorios. Unha persoa chea de sabedoría dixo que o amor é coma a chuvia, e posiblemente, sexa unha metáfora atinada, mais por esa mesma razón, non debemos esquecer que nunca chove a gusto de todos. La danza de la lluvia é unha película romántica aderezada con pingas de humor, e en cuxo transfondo se agochan paixóns reprimidas, medos e a difícil convivencia co noso ego. A nosa intención é conseguir que moitas persoas, despois de vela, saian á rúa dispostas a darlle sempre outra oportunidade ao amor.” (Alber Ponte) VOE.

 Las altas presiones Las altas presiones / Día 15 de Decembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Ángel Santos
País: España
Ano: 2014
Xénero: Drama | Cine dentro del cine. Amistad
Duración: 85 minutos
Produción: Matriuska Producciones
Guión: Ángel Santos, Miguel Gil
Dirección de Fotografía: Alberte Branco
Montaxe: Fernando Franco
Música: Unicornibot

INTÉRPRETES: Andrés Gertrudix, Itsaso Arana, Diana Gómez, Juan Blanco, Marta Pazos, Hugo Torres, Xabier Deive, Fernando Epelde, Iván Marcos, Olalla Tesouro, Borja Fernández, Pablo Piñeiro, Bea Campos

SINOPSE:

Na súa segunda longametraxe, Ángel Santos (Marín, 1976), bosquexa con precisión e delicadeza unha historia de abandono, de ritmos vitais e regreso ás orixes, unha proposta á que convén volver. Miguel viaxa á súa cidade natal, Pontevedra. Ten a misión de rexistrar as localizacións para unha película. A súa viaxe lévao ao lugar onde medrou, tamén ao reencontro con vellos amigos e, sobre todo, á posibilidade dun novo amor: Alicia, unha moza enfermeira que conseguirá apazugalo. Miguel tratará de levar a termo o seu traballo, aínda que prefira gravar os lugareños cos que se atopa, os movementos e os rostros dos amigos, os trens pasando ou o mar. VOE.