CINE / PROGRAMACIóNInicio

Manuel Quiroga Manuel Quiroga / Día 16 de Febreiro. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Sandra Sánchez
País: Sandra Sánchez
Ano: 2015
Xénero: Documental | Documental sobre música
Duración: 62 minutos
Guión: Sandra Sánchez, Daniela Arias-Andreu, Pepe Coira
Dirección de Fotografía: Jaime Pérez

INTÉRPRETES: Documental

SINOPSE:

 O 8 de xuño de 1937, un transeúnte é atropelado en Times Square por un automóbil que se dá á fuga. O accidentado, o violinista pontevedrés Manuel Quiroga, atópase en EE. UU. presentando as súas propias obras nunha xira que o levará a percorrer o país de punta a punta, como xa fixese noutras ocasións ao longo da súa dilatada carreira. Quiroga, considerado como un dos mellores violinistas do momento, convive coa fama e o recoñecemento desde hai tempo. Está no punto álxido da súa carreira. Pero este incidente, a priori intranscendente, terá un efecto irreversible, marcando o comezo dun declive profesional e persoal que acabará por consumilo, relegando o seu nome ao esquecemento.
VOG

PRESENTA. Pepe Coira
 

Os tomates escoitan a Wagner Os tomates escoitan a Wagner / Día 23 de Febreiro. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Marianna Economou
País: Grecia
Ano: 2019
Xénero: Documental/ Economía - Medio ambiente - Política
Duración: 72 minutos
Produtores: Spiros Mavrogenis, Rea Apostolides, Yuri Averof
Produción: Stefi & Linx Productions, Anemon Productions
Guión: Marianna Economou
Dirección de Fotografía: Marianna Economou, Dimitris Kordelas, Argyris Tsepelikas

INTÉRPRETES: Documental, intervencións de: Alexandros Gousiaris, Christos Takas, Olga Lorida, Agathi Gousiari, Katina Gousiari, Stavroula Govari, Niki Karava

SINOPSE: Elias é unha aldeíña agrícola e illada do centro de Grecia que se está morrendo. Pero dous curmáns enxeñosos, Christos e Alecco, únense ás avoas deste lugar para cultivar tomates. Cos seus coñecementos e un pouco de axuda da música de Wagner, queren facer realidade o seu soño: exportar frascos de tomate orgánico por todo o mundo. Desafiando á agricultura industrial e cultivando tomates orgánicos con sementes centenarias, venden frascos de tomate e conservas feitas cun método pouco ortodoxo. A exportación de produtos orgánicos é un mercado moi competitivo, pero o éxito inesperado colle por sorpresa a todo o pobo, que recuperou a ilusión e puido levantar os ánimos e a economía do lugar. Grazas aos tomates wagnerianos, a xente de Elias puido entrever un futuro onde se desvanece a crise que hai uns anos golpeou a Grecia, aínda que nunca é fácil saír adiante e a vida pode ser tan agridoce como un frasco de tomate en conserva. Unha historia entrañable sobre o poder das relacións humanas e a importancia de reinventarse en época de crise. VOSE

PREMIOS: 2019 Thessaloniki International Film Festival: Mellor filme grego