CINE / PROGRAMACIóNInicio

Berfin Berfin / Día 30 de Marzo. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Özlem Arzeba
País: Bashur (Sur de Curdistán)
Ano: 2019
Duración: 73 minutos

SINOPSE:

 

Berfín é unha rapaza que se une á guerrilla despois de crecer nunha rexión curda en guerra. A súa historia é unha homenaxe á resistencia das nais e unha realidade próxima para moitas das guerrilleiras máis novas do Curdistán. O relato que recolle o filme ten moitos paralelismos coas vidas das actrices que dan vida aos personaxes. Idioma orixinal: Curdo. VOS

 

Fogar Fogar / Día 6 de Abril. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Sevinaz Evdike
País: Rojava, oeste de Curdistan
Ano: 2018
Duración: 11 minutos

SINOPSE:

 Nunha ciade devastada pola guerra, unha cativa atopou unha forma peculiar de sobrevivir. Home é a primeira curtametraxe filmada na cidade de Raqqa, antiga capital do Estado Islámico en Siria, tras a súa liberación. A película reflexiona sobre o trauma da guerra a través da poderosa mirada da súa directora, a cineasta siria Sevinaz Evdike, quen a viviu en primeira persoa. Idioma orixinal: Mudo. VOSE

Despois da guerra Despois da guerra / Día 6 de Abril. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Zilan Hemo
País: Rojava, oeste de Curdistan
Ano: 2018
Duración: 7 minutos

SINOPSE:

 

 Despois da guerra en Kobane, as familias regresan á cidade e ás súas casas destruidas. Os nenos buscan entre os cascallos as súas antigas pertenzas para recompoñer a vida das súas familias. Idioma orixinal: Mudo. VOSE

Sombras das montañas Kurdas Sombras das montañas Kurdas / Día 6 de Abril. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Azad Evdike
País: Rojava, oeste de Curdistan
Ano: 2018
Duración: 21 minutos

SINOPSE:

Azad, un fotógrafo que participa nunha caravana de artistas para preparar unha semana de actividades culturais que debían celebrar a diversidade e a convivencia en paz, vive e relata as horas previas á invasión turca e dos seus aliados xihadistas así como a fuxida de miles de persoas obrigadas a abandonar os seus fogares para escapar da masacre. Idioma orixinal: Curdo. VOSE

 Amor en tempo do xenocidio Amor en tempo do xenocidio / Día 6 de Abril. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Sero Hide
País: Shengal. Rojava, Oeste de Curdistán
Ano: 2020
Duración: 52 minutos

SINOPSE:

Conta a historia das masacres e xenocidios contra os curdos Êzidî a través de dengbêjs (narradores) que, coas súas cancións, abarcan temas como o amor, a guerra, a familia, cancións de berce, viaxes e outras experiencias. Idioma orixinal: Curdo. VOSE