CINE / PROGRAMACIóNInicio

El eclipse El eclipse / Día 27 de Abril. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Michelangelo Antonioni
País: Italia
Ano: 1962
Xénero: Drama. Romance | Bolsa & Negocios. Drama psicolóxico
Duración: 121 minutos
Produción: Coprodución Italia-Francia; Cineriz, Interopa Film, Paris-Films Productions
Guión: Tonino Guerra, Michelangelo Antonioni, Elio Bartolini
Dirección de Fotografía: Gianni Dei Venanzo ( B& W)
Música: Giovanni Fusco

INTÉRPRETES: Alain Delon, Monica Vitti, Francisco Rabal, Louis Seigner, Cyrus Elias, Rossana Rory, Lilla Brignone, Mirella Ricciardi

SINOPSE: Unha moza, Vittoria, rompe co seu amante, o escritor Riccardo. Comeza unha relación cun atractivo corredor de bolsa, Piero. Outro dos títulos clave na contribución moderna de Antonioni, un melodrama estilizado onde a noción de eclipse denota a perturbación da emocionalidade cotián. As liñas de fuga espazo-temporais radicais, como explica o propio director, prefigúranse na experiencia: “Estaba en Florencia para rodar unha eclipse de sol. O silencio, diferente de todos os demais silencios, a luz terrestre e logo a escuridade, a inmobilidade total. Durante a eclipse probablemente se deteñen inclusive os sentimentos, pensei. Dalgún modo, desta sensación naceu El eclipse”. VOSE

PREMIOS: 1962: Festival de Cannes: Premio Especial do Xurado