CINE / PROGRAMACIóNInicio

Júlia ist Júlia ist / Día 4 de Maio. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Elena Martin
País: España
Ano: 2017
Xénero: Drama
Duración: 90 minutos
Produción: Lastor Media, Antaviana Films
Guión: Maria Castellvi, Elena Martin, Marta Cruañas, Pol Rebaque
Dirección de Fotografía: Pol Rebaque

INTÉRPRETES: Elena Martin, Oriol Puig, Laura Weissmahr, Jakob Daprile, Remi Pradere, Paula Knüpling, Carla Linares, Max Grosse

SINOPSE: Antes de marchar a Berlín de Erasmus, o futuro parecía moi claro para Júlia, unha estudante de arquitectura de 21 anos. Unha vez alí, completamente soa por primeira vez, dáse conta de que non se coñece tan ben a si mesma como pensaba e que non ten nin idea do que quere facer. Terá que asumir o reto de construírse unha nova vida nunha cidade enorme e chea de xente. VOSE

PREMIOS: 2017: Premios Feroz: Nomeada ao Premio Especial 2017: Premios Gaudí: 2 nom., incluíndo Mellor película en lingua non catalá Júlia ist participou no Festival Internacional de Cinema de Málaga de 2017 e fíxose con tres premios dentro da Sección Zonacine: coa Biznaga de Prata á mellor película e á mellor dirección, ademais do premio Movistar+

El viatge da Marta (Staff Only) El viatge da Marta (Staff Only) / Día 11 de Maio. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Neus Ballús
País: España
Ano: 2019
Xénero: Drama | África. Familia
Duración: 83 minutos
Produción: Coprodución España-Francia; Ikiru Films, O Kinògraf, Turanga Films, A Terraza Films, Lles Films Hatari, TV3, ICIC, ICAA
Guión: Neus Ballús, Pau Subirós
Dirección de Fotografía: Diego Dussuel
Montaxe: Neus Ballús
Música: Isabel Latorre

INTÉRPRETES: Elena Andrada, Sergi López, Ian Samsó, Madeleine C. Ndong, Diomaye Augustin Ngom

SINOPSE:

Unha familia vaise de vacacións a un resort de Senegal. A filla adolescente loita por coñecer a xente da súa idade e facer amigos. Finalmente coñece a un traballador do hotel que soña con ser cineasta mentres grava as excursións dos visitantes. O problema das desigualdades sociais e as diferentes culturas serán unha traba para a moza, que comezará a darse conta de como funciona o mundo. VOSE

PREMIOS: 2019: Festival de Málaga: Sección oficial 2019: Premios Gaudí: Nomeada a mellor película, dirección e actor (Sergi López)

Con el  viento Con el viento / Día 18 de Maio. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Meritxell Colell
País: España
Ano: 2018
Xénero: Drama | Familia
Duración: 108 minutos
Produción: Coprodución España-Francia-Arxentina; Polar Star Films, Paraïso Productions, Habitación 1520 Producións, Hellish Producións
Guión: Meritxell Colell
Dirección de Fotografía: Aurélien Py, Julián Elizalde
Montaxe: Ana Pfaff

INTÉRPRETES: Mónica García, Concha Canle, Ana Fernández, Elena Martin, Xavier Martín, Paquita Pérez, Rakhal Ferreiro, Florencio Ortega, José Mari Martín, Jose Mari Crespo

SINOPSE: Mónica é unha bailarina e coreógrafa de 47 anos que vive en Buenos Aires, onde desde hai dous anos tenta realizar unha nova obra sen éxito. Naceu nun pequeno pobo ao norte de Burgos, onde agora xa só viven os seus pais e seis persoas máis, e ao que non volveu desde fai vinte anos. Unha chamada da súa irmá dicíndolle que o seu pai está moi grave empúxaa a volver. Pero cando chega, o seu pai está morto. Despois do funeral, a súa nai pídelle que quede con ela para vender a casa. Son case dúas descoñecidas que terán que aprender a coñecerse e a convivir. VOSE

PREMIOS: 2018: Premios Gaudí: Nomeada a mellor montaxe. 2018 Festival de Málaga Zonazine, Biznaga de prata. 2018 DA Film Festival de Barcelona, premio do talento e unha mención especial.

9 fugas 9 fugas / Día 25 de Maio. Hora: 18:00 /
Director: Fon Cortizo
País: España
Ano: 2020
Xénero: Drama. Intriga
Duración: 85 minutos
Produción: Alexandre Cancelo, Fon Cortizo
Guión: Fon Cortizo
Dirección de Fotografía: Javier Álvarez
Montaxe: Óscar Pardo, Kuto Anikulapo

INTÉRPRETES: María Vermella, Olga Cameselle, Noelia Castro

SINOPSE:

 Iniciado na longametraxe con Contrafaces (2015) e ao tempo prestixioso cortometraxista, Fon Cortizo establece neste filme premiado no Festival de Xixón 2020 unha exploración fílmica magnética. Con atracción por personaxes singulares e polos xogos coa estrutura do relato, elabora unha narración embebida de mar, sorprendente e misteriosa, poboada por unha moza traballadora dunha lonxa, un barco silencioso e un grupo de improvisadores que investigan nos sons do pasado para sacar á luz tres relatos esquecidos.VOG


PREMIOS: 2020: Festival de Xixón: Mellor película ex-aequo (Sección " Retueyos")