CINE / PROGRAMACIóNInicio

Oh Boy Oh Boy / Día 1 de Xuño. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Jan Ole Gerster
País: Alemania
Ano: 2012
Xénero: Comedia. Drama | Comedia dramática. Drama social
Duración: 83 minutos
Produción: Schiwago Film, Chromosom Filmproduktion, Hessischer Rundfunk, ARTE
Guión: Jan Ole Gerster
Dirección de Fotografía: Philipp Kirsamer (B&W)
Música: The Major Minors, Cherilyn MacNeil

INTÉRPRETES: Tom Schilling, Marc Hosemann, Friederike Kempter, Justus von Dohnanyi, Michael Gwisdek, Katharina Schüttler, Arnd Klawitter, Martin Brambach, Andreas Schröders, Ulrich Noethen, Frederick Lau, Steffen C. Jürgens

SINOPSE: A sorte parece dar do todo as costas a Niko Fischer, soñador ne trintena, antiheroe sen solución, abandona a universidade. A noiva cansouse del por lacazán, o pai ignórao e o psicólogo acaba de declararlle emocionalmente inestable. Nin sequera pode conseguir, a pesar dos repetidos intentos, unha mísera cunca de café coa que substituír ese alcol que antes afogaba os seus medos.Talvez a esperanza de achar, azarosamente, o seu sitio no mundo empúxao á vagabundaxe por un Berlín en branco e negro a ritmo de jazz. Xamais vivirá Niko unhas vinte e catro horas tan atarefadas, de lugar en lugar, de encontro en encontro, a cada cal máis pintoresco. VOSE

PREMIOS: 2012: 6 Premios do Cine Alemán: incluíndo mellor película, director e guión. 2013: Festival de Sofía: Mellor película. 2013: Premios do Cine Europeo: Premio Discovery. 4 nominacións.

Estaba en casa, pero… Estaba en casa, pero… / Día 8 de Xuño. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Angela Schanelec
País: Alemania
Ano: 2019
Xénero: Drama | Secuestros / Desaparicións
Duración: 105 minutos
Produción: Coprodución Alemaña-Serbia; Dart Film, Nachmittagfilm
Guión: Angela Schanelec
Dirección de Fotografía: Ivan Markovic

SINOPSE: Astrid vive en Berlín canda os dous fillos, Flo e Phillip. Tras a morte do seu home, un famoso director de teatro, tenta recompoñer a súa vida e superar a súa ausencia. Na intimidade, a familia libra unha loita cotiá onde as actividades máis simples se converten en retos inesperados: a compra dunha bicicleta, un baño na piscina ou unha representación escolar de Hamlet. O fráxil equilibro derrúbase cando Phillip foxe da casa... A directora alemá Angela Schanelec fai gala do seu estilo elíptico e un elegante sentido do humor para crear o retrato indeleble dunha pequena comunidade que se enfronta aos interrogantes fundamentais da existencia. VOSE

PREMIOS: 2019: Festival de Berlín: Mellor dirección 2019: Festival de Mar do Prata: Mellor director (ex aequo)

A nena azul A nena azul / Día 15 de Xuño. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Sandra Sánchez
País: España
Ano: 2018
Xénero: Drama. Fantástico | Curtametraxe
Duración: 25 minutos
Produción: Cut Up
Guión: Sandra Sánchez, Ángeles Huerta
Dirección de Fotografía: Lucía C. Pan
Montaxe: Sandra Sánchez

INTÉRPRETES: Carla Díaz, Lucía González, Sergio Zearreta

SINOPSE:

Sira, unha nena de oito anos, filla dun percebeiro furtivo da Costa da Morte, foxe da escola e refúxiase nunha solitaria praia, na procura do seu pai. Alí ten un misterioso encontro con alguén que parece ser o seu propio espello.
VOG

PREMIOS: Mestre Mateo 2019: Mellor Curtametraxe de Ficción

 Xoves de  comadres Xoves de comadres / Día 15 de Xuño. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Noemí Chantada
País: España
Ano: 2020
Xénero: Drama | Curtametraxe
Duración: 18 minutos
Produción: Islandia Producciones
Dirección de Fotografía: Paula Pez
Música: Su Garrido Pombo, Grupo As Aureas, Xiada

INTÉRPRETES: Noelia Castro, Aurora Maestre

SINOPSE: Uns instantes nunha vida. Un relato impregnado de naturalismo cotián. VOG

PREMIOS: Festival de Málaga: Premio del público. 2021 Mestre Mateo: Mellor curtametraxe de Imaxe Real.

Carne Carne / Día 15 de Xuño. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Camila Kater
País: Brasil, España
Ano: 2020
Xénero: Documental. Animación | Feminismo. Curtametraxe
Duración: 12 minutos
Produtores: Chelo Loureiro
Produción: Coproducción Brasil-España; Abano Producions
Guión: Camila Kater, Ana Julia Carvalheiro
Dirección de Fotografía: Animación
Música: Sofia Oriana Infante

INTÉRPRETES: Animación, Documental

SINOPSE: Pequenos relatos femininos, cada un cunha animación definida, onde o corpo toma o protagonismo. A través destas historias, Camila Kater fálanos das mutacións na puberdade, a aceptación do corpo á marxe dos modelos de beleza, a transexualidad nas mulleres negras, a menstruación e a muller na terceira idade. VOG

PREMIOS: 2021 Premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe de animación

Xan Xan / Día 15 de Xuño. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Lucía Estévez
País: España
Ano: 2020
Duración: 20 minutos
Produción: Carballo Interplay, Concello de Carballo
Guión: Miguel Canalejo
Dirección de Fotografía: Lucía Estévez
Montaxe: Lucía Estévez

INTÉRPRETES: guel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira

SINOPSE: Nada como proxecto no Festival Carballo Interplay 2019, unha enxeñosa, audaz, áxil e versátil proposta. Lucía Estévez e o guionista/actor Miguel Canalejo exploran as peripecias nas que se ve envolvido un personaxe introvertido e apocado, Xan. Tres episodios, que tiveron a súa continuidade en Xan e a historia. VOG

PREMIOS: 2021 Premio Mestre Mateo á mellor webserie