CINE / PROGRAMACIóNInicio

Costa da morte Costa da morte / Día 2 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Lois Patiño
País: España
Ano: 2013
Xénero: Documental
Duración: 81 minutos
Produtores: Felipe Lage, Martin Pawley
Produción: Zeitun Films.
Guión: Lois Patiño
Montaxe: Lois Patiño
Música: Ann Deveria

SINOPSE:

"Nun entrar do home na paisaxe e da paisaxe no home creouse a vida eterna de Galiza" Castelao.

A Costa da Morte é unha rexión de Galicia que foi considerada a fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que sucederon ao longo de historia nesta zona de rochas, néboas e temporais. Atravesamos esta terra observando as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros... Somos testemuñas do traballo que realizan, que lles leva a manter, á vez, unha relación íntima e unha batalla coa inmensidade do ámbito natural. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito.

Lingua Galego

loispatino.com/Costa-da-Morte

PREMIOS: 2013: Locarno Film Festival (Suíza) - Premio ao Mellor Director Emerxente 2013: Valdivia (Chile) - Mención especial do xurado 2013: Festival de Cine Europeo de Sevilla - Premio ao mellor filme de non ficción + mención especial Las Nuevas Olas

Searching for Sugar Man Searching for Sugar Man / Día 3 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Malik Bendjelloul
País: Suecia
Ano: 2012
Xénero: Documental sobre música
Duración: 87 minutos
Produción: Coprodución Suecia-Reino Unido; Sony Classics / Rede Box Films / Canfield Pictures / Passion Pictures
Guión: Malik Bendjelloul
Dirección de Fotografía: Padiola Skagerström
Música: Sixto Rodríguez

SINOPSE:

A finais dos anos 60, un misterioso músico foi descuberto nun bar de Detroit por dous produtores que quedaron engaiolados das súas melodías conmovedoras e das súas letras proféticas. Gravaron dous discos que eles crían que situarían ao artista como un dos máis grandes da súa xeración. Non obstante, o éxito nunca chegou. De feito, o cantante desapareceu na escuridade no medio de rumores sobre o seu horripilante suicidio enriba do escenario. Mentres a figura do artista se perdía no esquecemento, un dos seus vinilos chegou á Sudáfrica do Apartheid, multiplicándose por todo o país en gravacións piratas, e durante as dúas seguintes décadas Rodríguez foise convertendo nun fenómeno, nunha icona da liberdade e o "anti establishment". Dous fans sudafricanos empeñáronse en descubrir que pasou realmente co seu heroe. A súa investigación conduciunos a unha historia aínda máis extraordinaria sobre o mito do artista coñecido como "Rodríguez". Esta é unha película sobre a esperanza, a inspiración e o poder da música.

Lingua V.O.S.

www.sonyclassics.com/searchingforsugarman/

 

PREMIOS: 2013: Oscar: Mellor documental 2012: Premios BAFTA: Mellor documental 2012: Festival de Sundance:Premio Especial do Xurado. Premio do público. Mellor documental internacional. 2012: Satellite Awards: Nomeado a Mellor longametraxe documental 2012: National Board of Review (NBR): Mellor documental 2012: Asociación de Críticos de Los Angeles: 2ª posición para Mellor documental 2012: Premios Guldbagge: Mellor documental. 6 nominacións 2012: Directors Guild of America (DGA): Mellor director (Documental)

Violeta foise aos ceos Violeta foise aos ceos / Día 4 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Andrés Wood
País: Chile
Ano: 2011
Xénero: Drama | Biográfico. Música
Duración: 110 minutos
Produción: Wood Producciones S.A / Maiz Producciones S.A.
Guión: Andrés Wood, Eliseo Altunaga, Guillermo Calderón, Rodrigo Bazaes
Dirección de Fotografía: Miguel Joan Littin
Música: Violeta Parra, Anxo Parra, Chango Spasiuk, José Miguel Miranda, José Miguel Tobar

INTÉRPRETES: Francisca Gavilán, Cristián Quevedo, Patricio Ossa, Thomas Durand, Luis Machín, Vanesa González

SINOPSE:

Desde a carpa que ela construíu en Santiago de Chile, Violeta Parra é visitada polos recordos dos homes que deron forma á súa vida: o seu humilde pai, o seu marido e o seu último amante. Pouco a pouco descubrirá os seus segredos, medos, frustracións e alegrías. Dende os seus inicios como cantante de feira xunto á súa irmá, ata a súa consagración internacional como compositora e artista en París, os seus logros son mostrados nun percorrido apaixonante xunto cos personaxes que marcaron os seus sonos, as súas risas e os seus choros. A película está baseada na biografía escrita polo seu fillo Ángel Parra e sitúase en distintos escenarios que transitou Violeta. Recóllense fragmentos dunha entrevista televisada que Violeta realizou en Arxentina no ano 1962.

Lingua Castelán

www.violetalapelicula.cl/

 

PREMIOS: 2011: Premios Goya: Nomeada a Mellor película hispanoamericana. 2011: Premios Ariel: Nomeada a Mellor película Iberoamericana. 2012: Festival de Sundance: Mellor película internacional. 2011: Festival de Huelva de Cine iberoamericano: Colón de Plata mellor director e actriz. 2011: Premios Pedro Sienna: Mellor longametraxe de ficción, Mellor Dirección de Arte, Mellor Protagonista Feminina, Mellor Deseño de Vestiario 2012 Premios Oscar: Representante de Chile na categoría de Mellor Película en Lingua Estranxeira. 2012 Premios Altazor: Mellor Dirección, Mellor guión, Mellor actriz. 2012 Festival Unasur Cine: Mejor Actriz, Mejor caracterización e maquillaxe. Premio Glauber Rocha: Outorgado pola prensa estranxeira no Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano de La Habana, Cuba. Círculo de Críticos de Arte de Chile: Mellor Película Nacional Ficción.

Arraianos Arraianos / Día 5 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Eloy Enciso
País: España
Ano: 2012
Xénero: Drama | Cine experimental. Vida rural
Duración: 70 minutos
Produtores: Carlos Esbert, Eloy Enciso Cachafeiro
Produción: Artika Films / Zeitun Films
Guión: José Manuel Sande, Eloy Enciso
Dirección de Fotografía: Mauro Herce
Montaxe: Manuel Muñoz

INTÉRPRETES: Aurora Salgado, Antonio Ferreira, Eulalia González, Celsa Araujo

SINOPSE:

Neste retrato sobre unha pequena vila perdida nos bosques entre Galicia e Portugal, momentos de ficción conviven co cotián dos seus habitantes, os arraianos, agora actores que representan a súa propia vida. Realidade, mitos e sonos fúndense neste filme libremente inspirado na obra O bosque do dramaturgo Jenaro Marinhas del Valle. Unha película sobre o tempo, a memoria e a musicalidade da palabra.

Lingua Galego, Portugués.

www.arraianos-film.com/

PREMIOS: Festival Internacional de Cine de Autor de Barcelona 2013: Premio da Crítica ao Nuevo Talento D’A 2013 Festival Internacional de Cine Independiente de Buenos Aires (BAFICI) : Premio ao Mellor Longametraxe na Sección “Vanguardia y Género” Festival de Cine Europeo de Sevilla: Premio Nuevas Olas. Festival Internacional de Cine da Unam, México : Mención Especial Transcinema. Festival de Cine de non-ficción de Lima: Premio Transcinema.