CINE / PROGRAMACIóNInicio

Invisibles Invisibles / Día 11 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Isabel Coixet, Wim Wenders, Fernando León de Aranoa, Mariano Barroso, Javier Corcuera
País: Colombia, España, Bolivia, República Centroafricana, República Democrática del Congo, Uganda
Ano: 2007
Xénero: Documental | Drama social. Enfermidade. Pobreza. África.
Duración: 100 minutos
Produtores: Javier Bardem
Produción: Pinguin Films / Reposado PC
Guión: Isabel Coixet, Wim Wenders, Fernando León de Aranoa, Mariano Barroso, Javier Corcuera
Dirección de Fotografía: Emili Guirao, Jordi Abusada, David Omedes, Jordi Abusada, Alberto Venzago
Música: Varios

INTÉRPRETES: Documental

SINOPSE:

Esta é unha historia de historias. Un achegamento a aquelas persoas que residen no noso olvido. Un desexo de dar voz a varios dos que se quedaron mudos pola indiferencia. E unha humilde homenaxe a esas outras persoas que nunca apartaron a súa mirada deles. Pero sobre todo é a vontade de cinco directores por facer visibles aos seus verdadeiros e únicos protagonistas, a aqueles que cremos e preferimos seguir crendo invisibles. As cinco historias son: El sueño de Bianca, Cartas a Nora, La voz de las piedras, Buenos noches, Ouma y Crímenes invisibles.

Idiomas: Inglés, Español, Lwo, Kiluba y Swahili
Subtítulos: Español y Catalán

Seleccionanse dous títulos:

CRIMES INVISIBLES

Director Wim Wenders
Montadora Mathilde Bonnefoy
Director de fotografía Alberto Venzago
Editor de son Andrew Amondson
Duración 24,03 minutos
Lingua VOS

En Crimes invisibles, Wim Wenders achéganos á realidade das miles de mulleres que sofren a violencia sexual nas zonas da República Democrática do Congo onde pervive o enfrontamento armado. Aínda despois de asinarse os acordos de paz entre guerrillas e milicias en 2002, e de formarse un Goberno de transición, os equipos de MSF atenden diariamente a unha media de seis mulleres agredidas sexualmente polos combatentes.


O SONO DE BIANCA

Dirección: Mariano Barroso
Fotografía: David Omedes
Son: Sergio Burmann
Montaxe: Mariano Barroso / Yago Muñiz
País: España
Ano: 2007
Duración: 15 minutos
Lingua VOS

O sono de Bianca, proponnos un dobre xogo: acompañar a Alba, unha modelo de publicidade que utiliza eflornitina na súa presentación cosmética para eliminar o lanuxe do seu rostro e, ao mesmo tempo, descubrir a urxente necesidade da mesma eflornitina inxectable que sofre Bianca, unha muller residente na República Centroafricana e que padece a chamada enfermidade do sono. Mentres Alba atopa a súa crema en calquera farmacia, Bianca ten auténticas dificultades para conseguir un tratamento que lle salvará a vida; ambas as dúas están separadas pola falta de intereses na investigación e distribución da eflornitina para as poboacións menos rendibles do planeta.

PREMIOS
Goya 2006 ao mellor documental
Premio especial á mellor longametraxe documental
XIII Premio Cinematográfico José María Forqué
 

PREMIOS: 2007: Goya mellor documental