CINE / PROGRAMACIóNInicio

Shoots from Abyssinia Shoots from Abyssinia / Día 23 de Xaneiro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Ovidio Fernández
País: España
Ano: 2012
Xénero: Documental
Duración: 101 minutos
Produción: Catarina Fernández Fondevila
Guión: Ovidio Fernández Sánchez
Dirección de Fotografía: Ovidio Fernández Sánchez
Montaxe: Ovidio Fernández Sánchez

INTÉRPRETES: Abdul Fernández Fondevila

SINOPSE:

Abdul, o protagonista, é un neno de 15 anos que vive en Galicia e que decide viaxar á súa terra despois de 4 anos residindo en Europa. O seu pai dálle un libro, "Historia da Etiopía", escrito en portugués hai 400 anos polo frade castelán Pedro Páez. O rapaz empregará este libro como guía perseguindo os pasos do autor. Pouco a pouco a presenza da sombra, do espírito de Pedro Páez, faise máis real, máis latente. Tamén se vai facendo máis real, máis latente, Etiopía. A historia, planeada como viaxe iniciática, chega ao clímax cando finalmente descubre as fontes do Nilo, aquelas que Pedro Páez, 400 anos atrás, descubrira para o mundo. O simbólico bautismo naquelas augas funde lenda e realidade dun neno co seu país, co seu río, coa vida.

www.ovidiofernandez.com/#!__inicio-castellano/proyecto