CINE / PROGRAMACIóNInicio

Amor bajo el espino blanco Amor bajo el espino blanco / Día 14 de Febreiro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Zhang Yimou
País: China
Ano: 2010
Xénero: Drama. Romance | Drama romántico. Revolución cultural chinesa. Baseado en feitos reais
Duración: 114 minutos
Produción: Beijing New Picture Film Co.
Guión: Yin Lichuan, Gu Xiaobai (Novela: Ai Mi)
Dirección de Fotografía: Zhao Xiaoding
Música: Chen Qigang

INTÉRPRETES: Zhou Dongyu, Shawn Dou, Chen Taisheng, Rina Sa, Xi Meijuan, Li Xuejian, Lü Liping, Sun Haiying

SINOPSE:

Amor baixo o espiño branco cóntanos a historia de Jing, unha colexiala inxenua da cidade que debe trasladarse a unha remota vila na montaña para a súa "reeducación" durante a Revolución Cultural. O seu pai foi encarcerado por "dereitista" e a súa nai loita para alimentar aos seus tres fillos. Jing sabe que tanto o seu futuro coma o benestar da súa familia dependen do seu bo comportamento en opinión das autoridades. Abondaría cun erro para arruinar as súas vidas. Pero a súa prudente e tranquila existencia vese trastornada cando se namora de Sun, o encantador fillo dun militar de elite. Debido á diferenza social que os separa, un romance entre eles é impensable; máis aínda, perigoso. Pero a atracción é mutua, poderosa e innegable. Jing intenta resistirse, pero Sun perséguea, mesmo despois de que a rapaza regrese á cidade. O amor entre ambos os dous florece; é un amor puro, apaixonado e secreto. Ninguén debe decatarse, e menos aínda a nai de Jing. De pronto, Sun desaparece. Cando volve, Jing decátase de que algo cambiou. Deberá revisar as súas ideas acerca do amor, a honra e a lealdade antes de decidir no que cre realmente. A vida de ambos os dous nunca volverá ser a mesma.

www.golem.es/amorbajoelespinoblanco/

PREMIOS: 2011: Festival de Valladolid - Seminci: Mellor actriz

La historia del camello que llora La historia del camello que llora / Día 20 de Febreiro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Byambasuren Davaa, Luigi Falorni
País: Mongolia
Ano: Ano 200
Xénero: Documental | Vida rural. Familia. Animais
Duración: 93 minutos
Produción: Coprodución Mongolia-Alemaña
Guión: Byambasuren Davaa, Luigi Falorni
Dirección de Fotografía: Luigi Falorni, Juliane Gregor
Música: Marcel Leniz, Marc Riedinger, Choigiw Sangidorj

INTÉRPRETES: Documental, Janchiv Ayurzana, Chimed Ohin, Amgaabazar Gonson, Zeveljamz Nyam, Ikhbayar Amgaabazar, Odgerel Ayusch, Enkhbulgan Ikhbayar, Uuganbaatar Ikhbayar, Guntbaatar Ikhbayar

SINOPSE:

Documental ficcionado sobre unha familia de pastores nómades mongois aos que lles nace un camelo albino que a súa nai rexeita.

PREMIOS: 2003: Globo de Ouro (EUA) Nominado: First Steps Award Nominado: Mellor Documental - European Film Awards - 2004: Mellor Documental - Bavarian Film Awards. Premio do público - Festival Internacional de Cine de Indianápolis. Premio do público - Bos Aires Festival International de Cine Independiente Nominado: Mellor Documental - Premios do Cine Alemán Nominado: Mellor filme de fala non inglesa - Oscars2004 Festival de Gijón: Sección oficial longametraxes a competición

Una vida sencilla Una vida sencilla / Día 24 de Febreiro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Ann Hui
País: Hong Kong
Ano: 2011
Xénero: Drama | Vellez. Cine dentro do cine. Baseado en feitos reais
Duración: 117 minutos
Produción: Bona International Film Group / Focus Films / Sil-Metropole Organisation
Guión: Susan Chan, Roger Lee
Dirección de Fotografía: Nelson Yu Lik-Wai
Música: Law Wing-fai

INTÉRPRETES: Deannie Yip, Andy Lau, Wang Fuli, Qin Hailu, Eman Lam, Anthony Wong Chau-Sang, Hui Pik-Kei, Elena Kong, Chapman To, Sammo Hung Kam-Bo, Tsui Hark, Ning Hao, Raymond Chow, John Sham, Angelababy, Lau Wai Keung (AKA Andrew Lau), Lawrence Ah Mon

SINOPSE:

Chun Tao-Chung traballou como serventa para a familia Leung durante sesenta anos. Agora coida de Roger, o único membro da familia Leung que aínda vive en Hong Kong. Un día, ao volver do traballo, Roger descobre que Tao sufriu un derramo cerebral e a leva ao hospital. Cando ela lle di que quere deixar o seu traballo e marchar a unha residencia, el encóntralle un cuarto nun centro dirixido por un vello amigo. A forza de dedicarlle tempo e atención ás necesidades e antollos de Tao, Roger descobre canto significa para el a vella criada.

www.surtseyfilms.es/peliculas/una-vida-sencilla/

PREMIOS: 2011: Festival de Venecia: Copa Volpi á Mellor actriz (Deanie Yip). Golden Horse Awards: Mellor director, mellor actor, e mellor actriz Tallinn Blck Nights Film Festival: Mellor película Hong Kong filme Critics Society: Mellor película e mellor actriz Hong Kong Filme Awards: Mellor película, mellor director, guion, actor e actriz Oscar: Candidata á mellor película dee fala non inglesa

Despedidas Despedidas / Día 27 de Febreiro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Yojiro Takita
País: Xapón
Ano: 2008
Xénero: Drama | Música
Duración: 131 minutos
Produción: Amuse Soft Entertainment
Guión: Koyama Kundo
Dirección de Fotografía: Takeshi Hamada
Música: Joe Hisaishi

INTÉRPRETES: Masahiro Motoki, Tsutomu Yamazaki, Ryoko Hirosue, Kazuko Yoshiyuki, Kimiko Yo, Takashi Sasano, Tôru Minegishi, Tetta Sugimoto, Yukiko Yachibana, Tatsuo Yamada

SINOPSE:

Daigo Kobayashi, antigo violoncelista dunha orquestra que se acaba de disolver, acaba vagando polas rúas sen traballo e sen demasiada esperanza. Por iso decide regresar á súa cidade natal en compañía da súa esposa. Alí consegue un emprego como enterrador: limpa os corpos, colócaos no seu ataud e envíaos ao outro mundo da mellor forma posible. Aínda que a súa esposa e os seus veciños contemplan con desagrado este posto, Daigo descubrirá neste ritual de morte a faísca vital que lle faltaba á súa propia vida.

www.golem.es/despedidas

PREMIOS: 2008: Oscar: Mellor película de fala non inglesa. Festival de Montreal: Mellor película. 10 premios da Academia de Cine de Japón