CINE / PROGRAMACIóNInicio

De tal padre, tal hijo De tal padre, tal hijo / Día 10 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Hirokazu Koreeda
País: Xapón
Ano: 2013
Xénero: Drama | Familia
Duración: 120 minutos
Produción: GAGA / TV Man Union
Guión: Hirokazu Koreeda (AKA Hirokazu Kore-eda)
Dirección de Fotografía: Mikiya Takimoto

INTÉRPRETES: Masaharu Fukuyama, Yôko Maki, Jun Kunimura, Machiko Ono, Lily Franky

SINOPSE:

Ryota, un arquitecto obsesionado polo éxito profesional, vive felizmente coa súa esposa, Midori, e o seu fillo,Keita, de seis anos. Todo o que Ryota ten gañouno traballando duro e está convencido de que nada pode estragar a súa perfecta vida. Pero un día, a súa muller e el reciben unha chamada inesperada do hospital. Keita, o seu fillo de seis anos, non é o seu fillo, o hospital cometeu un terrible erro e entregoulles o neno equivocado. Ryota vese obrigado a tomar a decisión máis importante da súa vida: deberá escoller entre o innato e o adquirido. Dándose conta da profunda entrega da súa esposa a Keita, aínda sabendo que non é o fillo ao que deu a luz, e despois de coñecer a familia que criou con amor ao seu verdadeiro fillo durante seis anos, Ryota empeza a preguntarse se realmente foi un pai…

PREMIOS: 2013: Festival de Cannes: Premio do Xurado 2013: Festival de San Sebastián: Premio do Público