CINE / PROGRAMACIóNInicio

As margaridas As margaridas / Día 2 de Marzo. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Vero Chytilová
País: Checoslovaquia
Ano: 1966
Xénero: Comedia. Drama | Comedia negra. Surrealismo. Cinema experimental. Sátira. Comedia absurda. Nova Onda Checoslovaca
Duración: 74 minutos
Produción: Barrandov Film Studios.
Guión: Vero Chytilová, Ester Krumbachová (Historia: Vero Chytilová, Pavel Jurácek)
Dirección de Fotografía: Jaroslav Lucera
Música: Jirí Slitr, Jirí Sust.

INTÉRPRETES: itka Cerhová, Ivana Karbanová, Marie Cesková, Julius Albert, Jan Klusák

SINOPSE:

Dúas rapazas novas conclúen, mentres toman o sol en bikini, que se "neste mundo todo está corrompido, estaremos corrompidas nós tamén”. Así se activa o mecanismo que pon en marcha a película: unha tras outra, iranse producindo escenas inconexa nas cales as dúas protagonistas xogan a ser malas co seu ámbito. Enganan homes maduros para comer gratuitamente, escriben e debuxan nas paredes da súa casa, improvisan un baile nun cabaré para boicotear o número que está en escena, engolen e despezan  os   manxares  dun  banquete  preparado  para  outros,  etc. Rompendo toda linealidade narrativa e empregando a técnica da colaxe tanto a nivel visual como auditivo, Vero Chytilová constrúe unha película crítica coa sociedade contemporánea e coa posición que ocupa a muller nun mundo dominado polo masculino. Esta película metafórica, provocativa e esencialmente reflexiva, foi nos sesenta un emblema de A Nova Ola Checa.

Vero Chytilová (1929 -2014), unha das máis grandes directoras checas, foi unha vanguardista e pioneira do cinema checo e unha gran feminista. Os seus condiscípulos foron Miloš Forman e Jirí Menzel. A sua obra forma a faceta máis experimental da famosa Nova Ola Checoslovaca. Ao fracasar a Primavera de Praga (1969), a súa actividade foi prohibida polo goberno comunista ata 1975.
 

PREMIOS: Gran Premio no Festival Internacional de Cine – Bergamo. Gran Premio da Asociación de Críticos de Bélxica 1968. VI Premio de técnica Bruxelas - Prix de Excellence.

A mińa doce vilińa A mińa doce vilińa / Día 17 de Marzo. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Jirí Menzel
País: Checoslovaquia
Ano: 1986
Xénero: Comedia. Drama | Vida rural
Duración: 100 minutos
Produción: Barrandov Film Studios
Guión: Zdenek Sverák, Václav Sasek
Dirección de Fotografía: Jaromír Sofr
Música: Jirí Sust

INTÉRPRETES: János Bán, Marian Labuda, Rudolf Hruínský, Petr Cepek, Libuse
Safránková, Jan Hartl, Milada Jezková, Miloslav Stibich, Stanislav Aubrecht, Jarda Pávek, Milena Dvorská, Magda Sebestová, Zdenek Sverák, Oldrich Vlach, Rudolf Hruínský Jr.

SINOPSE:

Nunha  vila  de  Krekovice, preto de  Praga, os  habitantes  viven organizados nunha cooperativa, herdanza do réxime soviético instalado en Checoslovaquia dende o fin de la Segunda Guerra Mundial. Por este motivo, todos son responsables de Otík, un rapaz atrasado que vive só. Dentro desta estrutura solidaria, Otík traballa como axudante de Pávek, condutor dun camión. Tras unha longa tempada xuntos, Pávek decide prescindir do seu compañeiro, pois é demasiado despistado e dálle máis problemas que alegrías. Outro veciño da vila deberá admitir ao mozo como axudante. A este problema súmaselle outro: alguén está a intentar apropiarse da casa de Otík sen que este se decate. Os cidadáns e o director da cooperativa deberán atopar solución a istos asuntos, mentres ao seu arredor vanse sucedendo os accidentes de coche dun médico hedonista, namoramentos xuvenís, e adulterios. A ironía, tenrura e humor serven a Jirí Menzel para tecer esta espléndida comedia coral.

Jirí Menzel (1938), un dos mellores directores do cinema checo, gañador do Oscar pola súa película Trens rigorosamente vixiados, considerado un dos filmes do cumio do cinema europeo. Representante de A Nova Onda Checa nos anos 60.
 

PREMIOS: Festival Internacional de comedias- Chamrouse, Francie- Gran Premio do Xurado. Festival Internacional de Prades, Francia 1ş Premio. Festival Internacional de Cine para novos- París - Premio ao Mellor Actor (János Bán). 1986: Nominada ao Oscar Mellor película de fala non inglesa. 37 Festival de Cine - Premio de Martin Frič (Jiří Menzel). Festival Internacional de Cine Aurilac, Francia - Gran Premio do Festival. Festival Internacional de Cine Montreal- Gran Premio do Xurado. Festival Internacional de Cine Montreal - Premio OCIC. Festival Internacional de Cine Valladoid - Premio do Público.

Algo parecido á felicidade Algo parecido á felicidade / Día 24 de Marzo. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Bohdan Sláma
País: República Checa
Ano: 2005
Xénero: Drama
Duración: 101 minutos
Produción: Coprodución República Checa-Alemańa; Negativ s.r.o / Bontonfilm, a.s. / Ceska televize.
Guión: Bohdan Sláma
Dirección de Fotografía: Divis Marek
Música: Leonid Soybelman

INTÉRPRETES: Pavel Liska, Tatiana Vilhelmová, Anna Geislerová, Zuzana Krónerová, Marek Daniel

SINOPSE:

Monika, Toník e Dáa son amigos da infancia. Viven nun conxunto de bloques nos arredores dunha pequena cidade industrial, preto da maior planta química do país. Monika, unha rapaza amable e cun gran corazón, traballa nun supermercado mentres espera que o seu noivo George, que emigrou a Estados Unidos, lle mande un billete de avión para reunirse con el. Toník, que está namorado de Monika, deixou uns pais conservadores para refuxiarse na vella granxa dunha tía inconformista. Dáa, que ten dous fillos pequenos, sae cun home casado e empeza a perder a cabeza. Cando a ingresan nun hospital psiquiátrico, Monika e Toník fanse cargo dos seus dous nenos. Na súa vida todo empeza a ir mellor. ¿Abondará esta situación inesperada para que as dúas almas perdidas descuban que as súas almas teñen moito potencial?.

Bohdan Sláma (1967), director, guionista, actor e pedagogo na Cátedra de Dirección da Academia de Cine de Praga (FAMU). Galardoado co premio nacional de cinema O león checo en 2006 e coa Cuncha de Ouro do festival San Sebastián (2005).

PREMIOS: 2005: San Sebastián: Cuncha de Ouro - Mellor Película e mellor actriz (Anna Geislerová). 7 Premios León checo. 2006 Festival Premiers Plans Angers - Premio do público (Bohdan Sláma), Premio do Xurado Europeo (Bohdan Sláma). Premio para gremio de actores. 2006 Festival Internacional de Cine Terst - Premio de honor. 2006 Viareggio EuropaCinema, EuropaCinema Platinum (Bohdan Sláma, Mellor Guión ) 2005 Festival du Nouveau Cinéma, Montreal - Mellor película 2005 Festival Internacional de Cine Atenas - Athena de Ouro (Bohdan Sláma) 2005 Festival Internacional de Cine Bratislava - Premio do xurado ecuménico (Bohdan Sláma). Mellor actor (Pavel Liška) 2005 Festival Internacional de Cine Cottbus - Cine FIPRESCI (Bohdan Sláma). Premio del Público.

Kolya Kolya / Día 9 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Jan Sverák
País: República Checa
Ano: 1996
Xénero: Comedia. Drama | Comedia dramática.
Duración: 110 minutos
Produción: Coprodución República Checa-GB
Guión: Zdenek Sverák
Dirección de Fotografía: Vladimir Smutny
Música: Ondrej Soukup

INTÉRPRETES: Zdenek Sverák, Andrej Chalimon, Irina Livanova, Ondrej Vetchy, Lilian Malkina, Stella Zázvorková, Libuse Safránková

SINOPSE:

 Louka é un chelista de mediana idade que, por conveniencia, decide aceptar en matrimonio a unha muller rusa. Pouco despois da voda, a súa esposa abandónao deixándolle ao seu fillo de cinco anos, Kolya. Descontentos coa súa nova situación e sen falar o mesmo idioma, ambos os dous necesitarán tempo e paciencia para superar a barreira cultural que os separa. Pero cando isto acontece, un vínculo indestrutible fórmase entre eles.  Aclamada  polos  críticos  de  todo  o mundo  pola  sua  conmovedora historia e a súa destacada repartición, Kolya é unha entrañable comedia que chega ao corazón.

Jan Sverák (1965) é actor, produtor e e un dos directores máis destacados dende a Revolución de Terciopelo (1989). Pola súa película Kolya foi galardoado cun Óscar (1997).

PREMIOS: 1996: Oscar Mellor película de fala non inglesa. 1996: Globo de Ouro Mellor película de fala non inglesa. 1996: Nominada Premios BAFTA Mellor película de fala non inglesa. 1996: Festival de Venecia Mención Honorable (Jan Sverák) Best Director (Jan Svěrák) Tokyo Sakura Grand Prix. Seis Leóns checos.