CINE / PROGRAMACIóNInicio

Os 12 Trabalhos. Ano 2006. Os 12 Trabalhos. Ano 2006. / Día 16 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Ricardo Elias
País: Brasil
Ano: 2006
Xénero: Drama
Duración: 90 minutos
Produción: Politheama Produções Cinematográficas
Guión: Ricardo Elias (Historia: Ricardo Elias, Cláudio Yoshida, Hilton Lacerda, Arthur Autran)
Dirección de Fotografía: Jay Yamashita
Música: André Abujamra

INTÉRPRETES: Sidney Santiago, Flavio Bauraqui, Beira Mancini, Vanessa Giácomo, Francisca Queiroz, Cynthia Falabella, Cacá Amaral, Lucinha Lins, Luiz Baccelli, André Luís Patrício, Eduardo Mancini

SINOPSE:

A historia de Heracles, un rapaz negro que vive na periferia de Sao Paulo e ao que lle gosta debuxar. Farto de anos da mala vida e tras saír do reformatorio, decídese a seguir os pasos do seu curmán que traballa de motoboy  nunha empresa de mensaxería na xigantesca cidade de Sao Paolo.
A película narra as 12 entregas que ten que facer no seu primeiro día de traballo. Cada unha móstranos unha cara diferente da metrópole, á vez que nos dá a coñecer a personalidade do mozo, así como as súas preocupacións e a inquietude que lle xera o feito da repartición a unha distinta representación da cidade carioca, que sen este traballo seguramente xamais tivese coñecido. Heracles precisa loitar coa burocracia e a súa propia falta de malicia no novo servizo.

PREMIOS: Produción brasileira galardoada co premio Horizontes Latinos do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Festival de Río, Mellor Actor - Sidney Santiago -. Cine PE – Festival do Audiovisual, Mellor Director - Ricardo Elias - Mellor Actor - Sidney Santiago- Mellor Actor Secundario - Flávio Bauraqui -. Mellor Guión, Mellor Banda Sonora. Festival de La Habana, Terceiro Mellor Filme.

Proibido proibir. Proibido proibir. / Día 22 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Jorge Durán
País: Brasil
Ano: 2006
Xénero: Drama, colexios, universidade, enfermidade
Duración: 103 minutos
Produción: coprodución Brasil-Chile-España; Ceneca Producciones / A&A Produções / Mediapro
Guión: Jorge Durán, Dani Patarra.
Dirección de Fotografía: Luis Abramo
Dirección de Arte: José. Joaquin Salles
Montaxe: Pedro Durán

INTÉRPRETES: Caio Blat, Maria Flor, Alexandre Rodrigues, Edyr Duqui, Adriano de Jesus, Luciano Vidigal, Raquel Pedras

SINOPSE: É a historia de tres mozos universitarios: León, estudante de socioloxía, Leticia, estudante de arquitectura, e Paulo, estudante de medicina. León comparte departamento con Paulo. Leticia e León empezaron unha relación amorosa. Cando Leticia coñece a Paulo namóranse. Pero como Paulo é o mellor amigo de León o triangulo amoroso non se realiza. Os tres amigos viven unha experiencia límite cando se deciden a axudar a Rosalina, enferma de leucemia, internada no Hospital Universitario onde Paulo estuda. Ela está preocupada porque os seus fillos deixaron de visitala. Ao buscar aos seus fillos nos suburbios de Rio de Janeiro, León, Paulo e Leticia enfróntanse coa violencia da cidade.

PREMIOS: Festival de Biarritz, Mellor Filme. Festival de La Habana, Premio Especial do Xurado. Festival de Viña del Mar, Mellor Filme. Festival de Valdivia, Mellor Director - Jorge Durán. Festival de Cinema Brasileiro de Miami, Mellor Filme, Mellor Director - Jorge Durán, Mellor Ator - Caio Blat. Festival de San Sebastián, Premio Cine En Construcción.

À Beira do Caminho À Beira do Caminho / Día 28 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Breno Silveira
País: Brasil
Ano: 2012
Xénero: Drama
Duración: 102 minutos
Produción: Conspiração Filmes
Guión: Patrícia Andrade
Dirección de Fotografía: Lula Carvalho
Música: Berna Ceppas

INTÉRPRETES: João Miguel, Dira Paes, Ludmila Rosa, Ângelo Antônio, Vinícius Nascimento Dirección de arte Claudio Amaral Peixoto

SINOPSE: Para escapar dos seus traumas, o camioneiro João deixa atrás a súa cidade para viaxar percorrendo o país. Só e solitario conduce por Brasil ata que encontra escondido no seu camión a un neno sen nai que anda en busca do seu pai. Reticente, João acepta levar ao rapaz ata a cidade máis próxima e durante a viaxe finalmente encontra a coraxe para enfrontarse ao seu pasado. A película evoca e inspírase nas cancións de Roberto Carlos. A historia de Breno Silveira inspírase na vida de centos de persoas que se encargan do transporte do 60% das mercadorías do país.

Serra Pelada Serra Pelada / Día 6 de Maio. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Heitor Dhalia
País: Brasil
Ano: 2013
Xénero: Drama. Western | Anos 80
Duración: 100 minutos
Produción: Globo Filmes
Guión: Heitor Dhalia, Beira Egito
Música: Dudu Aram, Antonio Pinto

INTÉRPRETES: Wagner Moura, Sophie Charlotte, Matheus Nachtergaele, Juliano Cazarré, Jesuíta Barbosa, Júlio Andrade, Demick Lopes

SINOPSE: Unha xornada na maior mina a ceo aberto da Idade Contemporánea. Os amigos Juliano e Joaquim deixan Rio de Janeiro en busca do soño do ouro. O ano é 1978. Os dous chegan á Foresta Amazônica como tantos outros milleiros de homes, repletos de soños e ilusións. Pero a vida na mina muda todo. A obsesión pola riqueza e polo poder os destrúe. Xuliano se volve un gangster. Joaquim deixa todos os seus valores. Unha história sobre a febre do ouro, sobre ganancia e violencia. Sobre unha grande amizade e o seu fin. O drama Serra Pelada baséase na historia da maior mina a ceo aberto do mundo, situada no norte de Brasil e responsable da migración de miles de persoas ao estado de Pará nos anos 80 do século pasado en busca de fortuna.

PREMIOS: 13ª Edición del Gran Premio del Cine Brasileño. Mellor Actor de Reparto: Wagner Moura. Mellor Maquillaxe: Siva Rama Terra. Mellores Efectos Especiais: Robson Sartori.