CINE / PROGRAMACIóNInicio

Madre e hijo Madre e hijo / Día 18 de Maio. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Calin Peter Netzer
País: Romanía
Ano: 2013
Xénero: Drama
Duración: 112 minutos
Produtores: Parada Filme / Hai-Hui Entertainment
Guión: Razvan Radulescu, Calin Peter Netzer
Dirección de Fotografía: Andrei Butica
Música: Varios

INTÉRPRETES: Luminita Gheorghiu, Bogdan Dumitrache, Florin Zamfirescu, Natasa Raab, Ilinca Goia

SINOPSE:

Cornelia ten 60 anos e séntese infeliz dende que o seu fillo Barbu, 34 anos, decidiu ser independente. Mudouse a un apartamento, ten coche propio, unha noiva que non o merece, segundo Cornelia, e peor que todo o anterior, evita á súa cariñosa nai sempre que é posible. Cando esta se decata de que o seu adorado Barbu está involucrado nun tráxico accidente, usará todas as súas habilidades, contactos e diñeiro para impedir que o seu fillo vaia ao cárcere.

PREMIOS: 2013: Festival de Berlín: Oso de Ouro (mellor película) 2013: Premios do Cinema Europeo: Nomeada a mellor actriz (Luminita Gheorghiu)

Dos días, una noche Dos días, una noche / Día 20 de Maio. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Jean-Pierre Dardenne, Luc Dardenne
País: Bélxica
Ano: 2014
Xénero: Drama | Drama social. Traballo/emprego. Crise económica actual
Duración: 96 minutos
Produtores: Les Films du Fleuve / Archipel 35
Guión: Jean-Pierre Dardenne, Luc Dardenne
Dirección de Fotografía: Alain Marcoen

INTÉRPRETES: Marion Cotillard, Fabrizio Rongione, Pili Groyne, Simon Caudry, Catherine Salée, Batiches Sornin, Alain Eloy, Myriem Akeddiou, Fabienne Sciascia, Olivier Gourmet

SINOPSE:

Sandra, coa axuda do seu marido, dispón só dunha fin de semana para ver aos seus compañeiros de traballo e convencelos de que renuncien ás súas primas para que ela poida conservar o seu traballo.
 

PREMIOS: 2014: Premios Oscar: Nomeada a Mellor actriz (Marion Cotillard) 2014: Premios Guldbagge: Mellor película estranxeira 2014: National Board of Review: Mellores películas estranxeiras do ano 2014: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actriz (Cotillard) 2014: Premios do Cinema Europeo: Mellor actriz (Cotillard)

El pasado El pasado / Día 26 de Maio. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Asghar Farhadi
País: Francia
Ano: 2013
Xénero: Drama | Familia
Duración: 130 minutos
Produtores: Coprodución Francia-Irán; Memento Films Production
Guión: Asghar Farhadi
Dirección de Fotografía: Mahmoud Kalari

INTÉRPRETES: Bérénice Bejo, Tahar Rahim, Babak Karimi, Ali Mosaffa, Pauline Burlet, Elyes Aguis, Jeanne Jestin, Sabrina Ouazani, Valeria Cavalli

SINOPSE: Despois de catro anos de separación, Ahmad viaxa de Teherán a París para iniciar o proceso de divorcio a petición de Marie, a súa esposa francesa. Durante a súa breve estanza, descobre a conflitiva relación entre Marie e a súa filla Lucie. Os esforzos de Ahmad para restablecer o vínculo entre nai e filla acabarán desvelando un segredo do pasado.

PREMIOS: 2013: Globos de Ouro: Nomeada a mellor película estranxeira 2013: Festival de Cannes: Mellor actriz (Bérénice Bejo) 2013: National Board of Review (NBR): Mellor película estranxeira

La sal de la tierra La sal de la tierra / Día 9 de Xuño. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Wim Wenders, Juliano Ribeiro Salgado
País: Francia
Ano: 2014
Xénero: Documental | Fotografía
Duración: 100 minutos
Produtores: Coprodución Francia-Brasil-Italia
Guión: Wim Wenders, Juliano Ribeiro Salgado
Dirección de Fotografía: Hugo Barbier, Juliano Ribeiro Salgado
Música: Laurent Petitgand

INTÉRPRETES: Documentary, Sebastião Salgado

SINOPSE: Durante os últimos 40 anos, o fotógrafo Sebastião Salgado viaxou polos cinco continentes seguindo os pasos dunha humanidade en constante cambio. Foi testemuña dalgúns dos acontecementos máis destacados da nosa historia recente: conflitos internacionais, hambruna e éxodos. Agora embarcouse no descubrimento de territorios virxes con flora e fauna salvaxe e de paisaxes grandiosas como parte dun xigantesco proxecto fotográfico nunha magnífica homenaxe á beleza do noso planeta. Juliano, o fillo de Sebastião Salgado, estivo con el nas súas últimas viaxes e revélanos a súa vida e a súa obra xunto con Wim Wenders, que tamén é fotógrafo.

PREMIOS: 2014: Premios Oscar: Nomeado a Mellor longametraxe documental. 2014: Festival de Cannes: Premio Especial do Xurado "Un Certain Regard" 2014: Festival de San Sebastián: Premio do Público