CINE / PROGRAMACIóNInicio

Gett: El divorcio de Viviane Amsalem Gett: El divorcio de Viviane Amsalem / Día 27 de Novembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Ronit Elkabetz, Shlomi Elkabetz
País: Israel
Ano: 2014
Xénero: Drama
Duración: 115 minutos
Produción: Coprodución Israel-Francia-Alemaña; Arte France Cinéma
Guión: Ronit Elkabetz, Shlomi Elkabetz
Dirección de Fotografía: Jeanne Lapoirie

INTÉRPRETES: Ronit Elkabetz, Simon Abkarian, Menashe Noy, Gabi Amrani, Dalia Beger, Roberto Pollack, Shmil Ben Ari, Abraham Celektar, Rami Danon, Sasson Gabai, Eli Gornstein, Evelin Hagoel, Albert Iluz, Keren Mor, David Ohayon.

PREMIOS: 2014: Premio ao mellor filme israelí, premio Haggiag á mellor dirección, premio dá audiencia, e premio ao mellor actor de repartición, Menashe Noy, no Festival Internacional de Cinema de Xerusalén. 2015: Premio á mellor dirección, no Festival Internacional de Cinema de Palm Springs, 2014: Premio ao mellor filme estranxeiro nos premios National Board of Review, USA, 2014: Premio á mellor dirección, nos premios Filmes do Sur en Oslo, 2014: Premio á mellor dirección, na sección Unha Certa Ollada, no Festival Internacional de Cinema de Donosti, 2014: Premio Golden Starfish, ao mellor guión no Festival Internacional de Cinema de Hamptons, 2014: Premio Art Cinema, a Ronit Elkabetz, como actriz no Festival Internacional de Cinema Hamburgo, 2014: Premio ao mellor guión e premio á mellor dirección, no Festival Internacional de Cinema de Chicago, 2014: Premio ao mellor filme e premio ao mellor actor de repartición, Sasson Gabai, nos Premios da Academia do Cinema Israelí, 2014: Globos de Ouro: Nomeada a Mejor película de fala non inglesa, 2014: Satellite Awards: Nomeada a Mejor película de fala non inglesa, 2014: National Board of Review: Mellores películas estranxeiras do ano, 2015: Candidata oficial de Israel para representar ao país na 87ª edición dos Oscars na categoría de mellor película en fala non inglesa.

Mis hijos Mis hijos / Día 3 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Eran Riklis
País: Israel
Ano: 2014
Xénero: Drama, Conflito árabe-israelí
Duración: 105 minutos
Produción: Konken Studios / United Channel Movies
Guión: Sayed Kashua
Dirección de Fotografía: Michael Wiesweg
Montaxe: Richard Marizy
Música: Jonathan Riklis

INTÉRPRETES: Tawfeek Barhom, Ali Suliman, Yaël Abecassis, Michael Moshonov.

SINOPSE:

Eyad é un xove palestino nacido na cidade de Tira a mediados dos setenta. É un estudante brillante que foi becado nun prestixioso e exclusivo colexio xudeu en Jerusalén. É o primeiro árabe que estuda alí polo que intenta por todos os medios encaixar cos seus compañeiros e coa nova sociedade. A pesar do seu esforzo e de aguantar o constante acoso dos seus compañeiros, cando se descobre que ten unha relación con Naomi, unha moza xudea,  verase obrigado a abandonar a escola. Canso de non ser aceptado polas súas orixes e cegado pola ambición de ser admitido nos seus novos círculos, Eyad comprende que terá que tomar unha decisión que pode cambiar a súa vida para sempre.