CINE / PROGRAMACIóNInicio

5 Cámaras rotas 5 Cámaras rotas / Día 9 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Emad Burnat, Guy Davidi
Ano: 2011
Xénero: Documental | Conflito árabe-israelí
Duración: 90 minutos
Produción: Coprodución Territorios Palestinos-Israel-Francia
Guión: Guy Davidi
Dirección de Fotografía: Emad Burnat
Música: Adnan Joubran, Wissam Joubran, Samir Jubran, Ofer Peled

INTÉRPRETES: Documentary, Soraya Burnat, Mohammed Burnat, Yasin Burnat, Taky- Adin Burnat, Gibreel Burnat, Muhammad Burnat, Bassem Abu-Rahma, Adeeb Abu-Rahma

SINOPSE:

Emad é un un agricultor palestino afeccionado ás cámaras domésticas. Vive en Bil in, ao oeste da cidade de Ramala, en Cisjordania.
En 2005 as escavadoras israelís chegan a Bil in para construír un muro que delimitará o perímetro dun xigantesco asentamento xudeu. Coa súa cámara Emad, grava estes primeiros movementos.
5 anos e 5 cámaras de vídeo faranlle falta a Emad para rexistrar a historia da resistencia do seu pobo á opresión israelí, e, en paralelo, o crecemento do seu fillo Gibreel Emad, nacido nos primeiros días do movemento cidadán.
Mentres os ataques israelís destrúen unha cámara tras outra e, con elas, as vidas dalgúns dos seus compañeiros. Emad segue adquirindo novas cámaras e filmando o que sucede ao seu arredor.
Un retrato único, persoal e dende primeira fila dun dos movementos de resistencia pacífica palestinos máis famosos e apoiados pola comunidade internacional.                  
 

PREMIOS: 2013: Premios Oscar: Nomeada a Mellor Longametraxe documental 2013: Premios Emmy Internacional, mellor documental 2013: X Mostra de Cine e Dereitos Humáns - Premio Xurado Xove Zaragoza 2012: Festival de Sundance: Mellor director documental internacional 2012: Sheffield Doc Fest: Premio do Público. Reino Unido 2011: IDFA (International Documentary Film Festival Amsterdam): Premio Especial do Xurado e Premio do Público 2012: Xerusalem Film Festival: Mellor Longametraxe Documental.

Omar Omar / Día 15 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Hany Abu-Assad
País: Palestina
Ano: 2013
Xénero: Drama. Romance | Conflito árabe-israelí
Duración: 98 minutos
Produción: ZBros
Guión: Hany Abu-Assad
Dirección de Fotografía: Ehab Assal

INTÉRPRETES: Adam Bakri, Leem Lubani, Eyad Hourani, Samer Bisharat, Waleed Zuaiter

SINOPSE:

O xove panadeiro Omar está afeito a esquivar as balas dos vixiantes cando agatuña polo muro dos territorios ocupados para visitar a Nadia, o seu amor secreto. Ao ser capturado tras unha acción de resistencia, empeza un letal xogo do gato e o rato coa policía militar. As sospeitas e a traizón fan perigar a relación cos seus dous amigos da infancia, Amjad e Tarek,  irmán de Nadia. Os sentimentos de Omar rematan tan divididos como Palestina.
 

PREMIOS: 2013: Oscars: Nomeada a mellor película de fala non inglesa. 2013: Festival de Cannes: Premio do Xurado (sección “Un certaine regard”). 2013: Seminci de Valladolid: Sección oficial a concurso. 2013: Dubai International Film Festival: Premio ao mellor director. 2013: Asian Pacific Screen Awards: Premio ao mellor filme. 2013: Ghent International Film Festival, Xurado Xove: Premio ao mellor filme.