CINE / PROGRAMACIóNInicio

Casa de tolerancia Casa de tolerancia / Día 16 de Marzo. Hora: 19:00 / Auditorio Gustavo Freire
Director: Bertrand Bonello
País: Francia
Ano: 2011
Xénero: Drama | Prostitución. Século XIX.
Duración: 125 minutos
Produción: Les Films du Lendemain
Guión: Bertrand Bonello
Dirección de Fotografía: Josée Deshaies
Música: Bertrand Bonello

INTÉRPRETES: Hafsia Herzi, Jasmine Trinca, Adele Haenel, Noémie Lvovsky, Louis-Do de Lencquesaing, Céline Sallette, Iliana Zabeth, Alice Barnole, Xavier Beauvois

SINOPSE:

Drama francés que retrata a vida nun lupanar no París do século XIX. Historias entrelazadas. A convivencia da Madame coas prostitutas e os clientes; o libro de anotacións de ingresos e débedas de cada unha das internas; os abusos dos burgueses, artistas, aristócratas e outra clientela, tamén os segredos, alegrías e penas compartidos. E o tráxico suceso: un home desfigura a faciana dunha prostituta. A cicatriz resultante debuxará un sorriso que a marcará de por vida. Historias entrelazadas cunha estética de cadro Manet, Renoir, Toulouse Lautrec… e un enfoque social daquelas casas de alterne nas que a xente se reunía para tomar unha copa, falar, escoitar ou para desafogar a súa libido.

 

PREMIOS: 2011: Premios Cesar: Mellor vestiario. 8 nominacións (tres de interpretación, cinco técnicas).
2011: Festival de Cannes: Sección oficial a concurso.
2011: Festival de Gijón: Sección oficial longametraxes, fóra de competición.