CINE / PROGRAMACIóNInicio

Les parapluies de Cherbourg Les parapluies de Cherbourg / Día 4 de Marzo. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Jacques Demy
País: Francia
Ano: 1964
Xénero: Musical. Romance. Drama | Nouvelle vague. Melodrama. Drama romántico
Duración: 88 minutos
Produción: Coproducción Francia-Alemania; Madeleine Films / Parc Filme / Beta Filme GmbH
Guión: Jacques Demy
Dirección de Fotografía: Jean Rabier
Música: Michel Legrand

INTÉRPRETES: Catherine Deneuve, Anne Vernon, Nino Castelnuovo, Ellen Farner, Jean Champion, Marc Michel, Mireille Perrey

SINOPSE:

Geneviève é unha moza que vive coa súa nai e axúdalle na tenda de paraugas que teñen en Cherburgo. Está namorada de Guy, un mozo mecánico, co que pensa casar malia a oposición da súa nai, que considera a Geneviève demasiado novo e a Guy demasiado pobre. Para pagar unha débeda, a nai vese obrigada a vender un colar a un rico xoieiro que se namora de Geneviève desde o primeiro momento. Mentres tanto, Guy terá que ausentarse dous anos para ir a Arxelia a facer o servizo militar.
VOSE
 

PREMIOS: 1964: Nomeada ao Oscar: Mellor película de fala non inglesa (nomeada tamén en 1965) 1965: Globos de Ouro: Nomeada Mellor película de fala non inglesa. 1964: Festival de Cannes: Palma de Ouro, Premio técnico e Premio OCIC.

 Jour de fête Jour de fête / Día 14 de Marzo. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
País: Francia
Ano: 1949
Xénero: Comedia | Vida rural
Duración: 81 minutos
Produción: Panoramic Films
Guión: Jacques Tati, Henri Marquet, Jacques Mercaton, Jacques Sauvageot
Dirección de Fotografía: Jacques Sauvageot
Montaxe: Marcel Moreau
Música: Jean Yatove

INTÉRPRETES: Jacques Tati, Santa Relli, Guy Decomble, Paul Frankeur, Maine Vallee, Roger Rafal

SINOPSE:

A vila de Saint Sévère disponse a celebrar unha gran festa. As rúas adórnanse con grilandas e bandeiras; a terraza do café está preparada para o grande baile popular. Os feirantes traen os seus carromatos. Mentres reparte o correo, François, o carteiro, desexoso de axudar aos feirantes, monta con moito heroísmo a cucaña, pero só consegue provocar catástrofes. No documental que proxectan na carpa do cinema, François ve un novo sistema para repartir o correo e decide probalo. Á mañá seguinte, cando o pobo esperta tras a festa, o carteiro reparte o seu correo "á americana".
VOSE
Cor: branco e negro

 

PREMIOS: 1949: Festival de Venecia: Nomeada ao León de Ouro (mellor película).

Le mépris Le mépris / Día 30 de Marzo. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Jean-Luc Godard
País: Francia
Ano: 1963
Xénero: Drama | Cinema dentro do cinema. Nouvelle vague. Celos. Literatura
Duración: 102 minutos
Produtores: Georges de Beauregard, Carlo Ponti
Produción: Coprodución Francia-Italia; Les Films Concordia / Compagnia Cinematografica Champion / Rome Paris Films
Guión: Jean-Luc Godard (Novela: Alberto Moravia)
Dirección de Fotografía: Raoul Coutard
Montaxe: Agnès Guillemot
Música: Georges Delerue

INTÉRPRETES: Brigitte Bardot, Michel Piccoli, Jack Palance, Georgia Moll, Fritz Lang, Jean-Luc Godard, Linda Veras

SINOPSE: Baseado na novela de Alberto Maravia, o filme relata as lentas e progresivas perturbacións dunha parella. Paul Javal, dramaturgo, e a súa xove muller semellan unha parella unida. Un incidente aparentemente anódino cun produtor conducirá á muller a desprezar fondamente ao seu marido.