CINE / PROGRAMACIóNInicio

 Luis Barragán. Casa Estudio Luis Barragán. Casa Estudio / Día 5 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Rax Rinnekangas
Ano: 2010
Xénero: Documental
Duración: 60 minutos
Produción: Arquia
Guión: Antonio Ruíz Barbarin

SINOPSE:

O documental Casa Estudo describe a residencia e taller do arquitecto no antigo barrio de Tacubaya, na cidade de México. Construída en 1948 e convertida posteriormente en museo, na actualidade é propiedade do goberno do estado de Jalisco e da Fundación de Arquitectura Tapatía Luís Barragán. En 2004 a UNESCO recoñeceu a casa como Patrimonio Cultural da Humanidade, considerándoa unha obra mestra do desenvolvemento do movemento moderno, por integrar, nunha nova síntese, elementos tradicionais e vernáculos, así como diversas correntes filosóficas e artísticas de todos os tempos. A casa de Luís Barragán consérvase tal cal a habitou o seu autor ata a súa morte en 1988.

ARQUITECTO. Luís Barragán (Guadalajara, 1902 - México, 1988) Se graduou como arquitecto e enxeñeiro civil en 1925. Tras terminar os seus estudios estivo en Europa durante dous anos. Durante esta viaxe impresionouse da beleza dos xardíns das cidades que visitou, do Generalife de Granada, das Vilas italianas e da costa do Mediterráneo. Desde entón conservou o seu interese pola arquitectura da paisaxe. En 1980 foille concedido o Premio Pritzker de Arquitectura.

Richard Neutra. VDL. Casa experimental Richard Neutra. VDL. Casa experimental / Día 13 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Timothy Sakamoto
Ano: 2007
Xénero: Documental
Duración: 45 minutos
Produción: Arquia
Guión: Juan Coll Barreu

SINOPSE:

O documental VDL. Casa Experimental relata a historia da casa deseñada en 1932 por Richard J. Neutra como estudio e residencia habitual. En 1963 un incendio destruíu a casa, que foi reconstruída en 1966 incorporando parámetros de respecto polo medio ambiente, e conforme aos sistemas propios da industria: custo, lixeireza, transparencia e compactidade, que Neutra anticipara: "só as casas que utilizan tecnoloxía industrial son verdadeiramente modernas".

ARQUITECTO. Richard Neutra (1892-1970) Naceu en Viena, onde estudou arquitectura e asistiu á escola de construción de Adolf Loos. En 1912 principiou amizade con Rudolph Schindler e en 1914 participou na Primeira Guerra Mundial. Terminada a guerra e a súa formación, traballou en Zúrich para o paisaxista Gustav Ammann, e en Berlín para Erich Mendelshon, antes de emigrar en 1923 a Estados Unidos, onde coñeceu a Louis Sullivan e a Frank Lloyd Wright. En 1926 fundou o seu estudo nos Ángeles, compartindo proxectos con Schindler e, de 1949 a 1959, con Robert E. Alexander. Nos seus últimos anos exerceu xunto ao seu fillo, tamén arquitecto, Dion Neutra.

J.Ll. Sert. Un sono nómada J.Ll. Sert. Un sono nómada / Día 20 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Pablo Bujosa Rodríguez
Ano: 2013
Xénero: Documental
Duración: 72 minutos
Produción: Arquia
Guión: Jaume Freixa Janariz

SINOPSE:

O documental Un soño nómada narra a interesante historia de Josep Lluís Sert que, nado nun ambiente aristocrático e cosmopolita, implicouse con entusiasmo nos cambios que trouxo a República Española. Ao final da Guerra Civil tivo que exiliarse, recalando nos Estados Unidos, primeiro en Nova York e despois en Boston. Vitalista lúcido, católico socializante, home de mundo e fiel aos seus amigos, Sert foi descrito como un urbanista que non construíu cidades e artista que non pintaba e que predicou racionalidad pero sen esquecer a necesidade da beleza.

ARQUITECTO. Josep Lluís Sert (1902-1983)
Arquitecto catalán que alcanzou fama mundial a mediados do século xx. Apóstolo do racionalismo en España, discípulo de Le Corbusier, amigo de Gropius, Sert soubo atopar unha linguaxe arquitectónica propia e unha síntese entre planeamento e arquitectura que denominou "deseño urbano" e que hoxe en día forma parte do vocabulario profesional. Decano da Harvard School of Design durante quince anos formou xeracións de arquitectos e traballou profesionalmente acadando importantes premios. Traballou tamén en América Latina, Oriente Medio e sobre todo na súa querida Europa mediterránea, que el consideraba unha rexión con cultura común, máis aló das fronteiras.

KOCHUU. Arquitectura japonesa KOCHUU. Arquitectura japonesa / Día 27 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Jesper Wachtmeister
Ano: 2003
Xénero: Documental
Duración: 53 minutos
Produción: Arquia
Guión: Botond Bognar

SINOPSE:


KOCHUU é un concepto xaponés que significa "dentro do xarrón" ou " na gaiola", que se refire á tradición xaponesa de construcións pequenas e espazos físicos pechados que recrean a impresión dun universo separadamente. O documental KOCHUU é unha viaxe á orixe da arquitectura moderna xaponesa e as influencias recibidas das tradicións do Xapón. Un percorrido tortuoso repleto de visións futuristas e conceptos tradicionais, natureza fronte a formigón, xardíns e espazos high-tech.

ARQUITECTO. Xapón
KOCHUU é unha revelación das claves da arquitectura tradicional xaponesa: a ruptura da simetría, a continuidade interior-exterior, as separacións mediante paneies móbiles, as construcións modulares e a simboloxía da construción coa auga, a luz e a natureza.
KOCHUU tamén mostra o impacto das raíces xaponesas sobre a tradición nórdica arquitectónica, e inclúe entrevistas con algúns dos mellores arquitectos contemporáneos escandinavos e xaponeses como Sverre Fehn, Kristian Gullischen, Juhani Pallasmaa, Kazuo Shinoara e Toyo Ito, entre outros.