CINE / PROGRAMACIóNInicio

Romeo, Julieta y las tinieblas Romeo, Julieta y las tinieblas / Día 2 de Maio. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Jirí Weiss
País: Checoslovaquia
Ano: 1960
Xénero: Drama. Romance | Drama romántico. Anos 40. Nova Onda Checoslovaca
Duración: 92 minutos
Produción: CBK / Ceskoslovenský Státní Film / Filmové Studio Barrandov
Guión: Jan Otcenásek, Jirí Weiss (Novela: Jan Otcenásek)
Dirección de Fotografía: Václav Hanus (B&W)
Música: Jirí Srnka

INTÉRPRETES: Ivan Mistrík, Daniela Smutná, Jirina Sejbalová, Frantisek Smolík, Blanka Bohdanová

SINOPSE: Adaptación cinematográfica da tráxica novela homónima do escritor checo Jan Otčenáek. Por orde do réxime alemán as últimas familas xudeas teñen que abandonar Praga nos transportes cara ao campo de concentración de Terezín. Tras o atentado que acaba coa vida do protector nazi de Praga Reinhard Heydrich, un dos oficiais de maior rango do III Reich, a represión contra os xudeus en Bohemia e Moravia recrúase. Neste contexto Pavel dá refuxio a unha nova xudea, Hanka, que evitou subir ao último tren.

PREMIOS: 1960: Festival de San Sebastián: Concha de Oro (mellor película).

Los amores de una rubia Los amores de una rubia / Día 11 de Maio. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Milos Forman
País: Checoslovaquia
Ano: 1965
Xénero: Comedia. Romance. Drama | Sátira. Comedia negra. Adolescencia. Nova Onda Checoslovaca
Duración: 82 minutos
Produción: Barrandow
Guión: Milos Forman, Jeroslau Papousek, Ivan Passer
Dirección de Fotografía: iroslav Ondricek (B&W)
Música: Evzen Illin

INTÉRPRETES: Hana Brecjchova, Vladimir Pucholt, Vladimir Mensik, Jirí Hruby, Josef Sebanek

SINOPSE: O tedio e a falta de perspectivas nunha pequena vila industrial no que traballa a nova obreira Andula lévana a namorarse dun músico chegado de Praga para unha actuación nunha celebración da fábrica. A película, feita con actores non profesionais na súa maioría e con grandes doses de improvisación, marcou unha época. Foi nomeada aos Oscar e aos Globos de Ouro como mellor película en fala non inglesa e é dos títulos máis recordados de Milos Forman e de toda a Nova Onda do cinema checoslovaco.

PREMIOS: 1966: Nomeada ao Oscar: Mellor película de fala non inglesa. Globos de Ouro: Nomeada Mellor película de fala non inglesa.

Alondras en el alambre Alondras en el alambre / Día 16 de Maio. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Jirí Menzel
País: Checoslovaquia
Ano: 1969
Xénero: Drama
Duración: 94 minutos
Produción: Filmové Studio Barrandov
Guión: Jirí Menzel (Novela: Bohumil Hrabal)
Dirección de Fotografía: Jaromír Sofr
Música: Jirí Sust

INTÉRPRETES: Václav Neckár, Jitka Zelenohorská, Rudolf Hruínský, Jaroslav Satoransky, Vlastimil Brodsky, Ferdinand Kruta, Frantisek Rehák, Leos Sucharípa, Vladimír Ptácek, Evzen Jegorov, Vladimír Smeral, Tereze Galiová, Míla Myslíková, Urbánková

SINOPSE:

Nunha fundición cerca de Praga un conxunto de intelectuais e outros represaliados polo réxime comunista reciclan o metal de antigos símbolos e restos da antiga orde para  fabricar nova maquinaria. A película está baseada na novela homónima do escritor Bohumil Hrabal, que escribiu tamén o guión xunto a Menzel. A invasión soviética de Checoslovaquia en 1968 e a imposición da coñecida como "Normalización" fixeron que a película xa rematada non  puidese ver a luz ata 1990, ano no que gañou o Oso de Ouro na Berlinale.

PREMIOS: 1990: Festival de Berlín: Oso de Ouro, FIPRESCI (Mención de honra).

Los Karamazovs Los Karamazovs / Día 25 de Maio. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Petr Zelenka
País: República Checa
Ano: 2008
Xénero: Drama | Teatro
Duración: 110 minutos
Produción: Coprodución República Checa-Polonia; Ceská Televize
Guión: Petr Zelenka (Novela: Fiódor Dostoyevsky)
Dirección de Fotografía: Alexander Surkala
Música: Jan A.P. Kaczmarek

INTÉRPRETES: Martin Mysicka, Michaela Badinková, Igor Chmela, Radek Holub

SINOPSE: Produción checo-polaca inspirada na novela de Fiódor Dostoyevski. Unha compañía teatral checa chega á Cracovia da actualidade para representar o clásico ruso nunha aceirería. Durante os ensaios, o drama cos grandes temas de Dostoyevski sobre a alma humana prodúcese non só sobre o escenario, senón tamén fóra, e mesmo no patio de butacas.

PREMIOS: 009: Academia de Cinema Checo: Mellor película, mellor director. 8 nominacións. Candidata ao Óscar á mellor película de fala non inglesa.