CINE / PROGRAMACIóNInicio

A Seara A Seara / Día 12 de Maio. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Pepe Coira
Ano: 2016
Xénero: Documental
Duración: 82 minutos
Produtores: Unha produción de Producións A Fonsagrada; coa participación de Televisión de Galicia; coa subvención da Agadic.
Produción: Rafael L. Corral
Guión: Pepe Coira & gAU (Jorge Gómez Cereijo, Alberte González Rodríguez, Manuel López Guitar, Jorge Salvador Fernández)
Dirección de Fotografía: Jaime Pérez
Montaxe: Enrique Moro
Música: Eudemónicas

SINOPSE:

Esta é a historia dun fracaso. Ou dun éxito. Ou dun fracaso que mereceu a pena. Na Seara do Courel houbo un proxecto de rehabilitación para facer máis atractiva turisticamente a aldea. Para levalo a cabo, era imprescindible a complicidade dos veciños. Anos despois, os arquitectos rememoran aquela experiencia, os desexos cumpridos e incumpridos, os acordos e desacordos, as dificultades e logros daquel proceso que os marcou e que marcou a vida da Seara.