CINE / PROGRAMACIóNInicio

También la lluvia También la lluvia / Día 17 de Outubro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado
Director: Icíar Bollaín
País: España
Ano: 2010
Xénero: Drama | Drama social. Cine dentro do cine.
Duración: 104 minutos
Produción: Coprodución España-Francia-México; Morena Films
Guión: Paul Laverty
Dirección de Fotografía: Alex Catalán
Música: Alberto Iglesias

INTÉRPRETES: : Luis Tosar, Gael García Bernal, Karra Elejalde, Juan Carlos Aduviri, Raúl Arévalo, Cassandra Ciangherotti, Carlos Santos, Dani Currás, Vicente Romero

SINOPSE:

Sebastián e Costa traballan xuntos nun ambicioso proxecto: facer unha película sobre Cristóbal Colón e o descubrimento de América. Mentres que Sebastián, o director, pretende desmitificar ao personaxe presentándoo como un home ambicioso e sen escrúpulos; a Costa, o produtor, só lle importa axustar a película ao modesto orzamento do que dispoñen; precisamente por iso elixe Bolivia, por ser un dos países máis baratos e con maior poboación indíxena de Hispanoamérica. A película ródase en Cochabamba, onde a privatización e venda da auga a unha multinacional sementa entre a poboación un malestar tal que fará estalar a tristemente famosa Guerra Boliviana da Auga (abril do ano 2000). Cincocentos anos despois do descubrimento de América, paos e pedras enfróntanse de novo ao aceiro e á pólvora dun exército moderno. Pero esta vez non se loita polo ouro, senón polo máis imprescindible dos elementos vitais: a auga.

 

PREMIOS: 2011: Festival de Berlín (Sección Panorama): Premio do público. 2011: Premios do Cine Europeo: Nomeada a Premio do Público. 2010: 3 Premios Goya: Actor de reparto (Elejalde), Música orixinal, Director de produción. 2010: Premios Ariel: Mellor película iberoamericana (ex aequo).