CINE / PROGRAMACIóNInicio

Shigeru Ban. Arquitectura de Emerxencia Shigeru Ban. Arquitectura de Emerxencia / Día 2 de Novembro. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Michel Quinejure
Ano: 2000
Duración: 52 minutos

SINOPSE:

O documental  Arquitectura de emerxencia recolle o traballo do arquitecto dende Turquía (1999) onde instala as Paper Log Houses a base de cilindros de cartón, a Hanóver (2000) onde concibe o pavillón xaponés reciclable para a Exposición Universal, pasando por Tokio, París e Nantes, onde comparte as súas preocupacións con xoves estudantes de arquitectura. A súa cooperación, iniciada no 1995, tralo terremoto de Kobe en Xapón, manifestouse máis recentemente na creación de refuxios para miles de damnificados polo terremoto e o devastador tsunami que asolou a costa do Océano Pacífico en Xapón, o  11 de Marzo de 2011.

ARQUITECTO. Shigeru Ban (Tokio, 1957)
Formouse en Southerm Caifornia Institute of Architeture e proseguiu na Cooper Union School baixo a tutela de John Hedjuk. Tras un ano de traballo con Arata Isozaki funda en 1985 o seu propio estudio de arquitectura en Tokio: Shigeru Ban Architects. En 1995 é nomeado consultor polo Alto Comisionado das Nacións Unidas para os refuxiados (ACNUR) e establece a ONG VAN (Voluntary Architects Network) especializada  en  vivendas  temporais  para  habitantes  en zonas de desastre..
 

Miguel Fisac. A delirante historia da Pagoda Miguel Fisac. A delirante historia da Pagoda / Día 9 de Novembro. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Andrés Rubio
Ano: 2011
Duración: 56 minutos

SINOPSE:

O  documental A  delirante  historia  da  Pagoda  describe  a demolición en xullo de 1999 de "La Pagoda", unha das obras máis populares de Fisac. Dende as súas orixes manchegas ata a súa chegada a Madrid descubrimos a un dos arquitectos máis interesantes, complexos  e incomprendidos  do período franquista e da transición cara a democracia. A delirante historia da Pagoda estreouse en 2011 no Festival de Cine de Arquitectura de Róterdam.

ARQUITECTO. Miguel Fisac (1913-2006)
O arquitecto manchego aportou ao século XXI un exemplo de dilixencia investigadora,  de  experimentación  constructiva  e inventiva tecnolóxica, de creatividade aplicada aos proxectos. Os seus famosos "ósos" foron vigas de formigón pretensado de sección oca con formas similares a estructuras óseas. Pouco simpatizante da arquitectura do Movemento Moderno, para Fisac a esencia da arquitectura era material, non técnica, e a tradición era unha fonte de coñecemento tan válida como as experiencias contemporáneas. O recoñecemento chegoulle ao fin da súa vida coa obtención , en 1994, da Medalla de Ouro da Arquitectura (CSCAE); en 1997, do Premio Antonio Camuiñas de Arquitectura e, en 2003, do Premio Nacionalde Arquitectura.
 

Mies van der Rohe. Mies Mies van der Rohe. Mies / Día 18 de Novembro. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Michael Blackwood
Ano: 1986
Duración: 56 minutos

SINOPSE:

O documental Mies, elocuentemente narrado polo seu biógrafo por excelencia, Franz Schulze, inscríbese no conxunto de producións entorno á celebración do centenario, en 1986, do nacemento de Mies van der Rohe. Dende Nova York, Chicago, Berlín e Barcelona traballouse para actualizar a mirada  sobre  a  obra  do  arquitecto. A película  comeza  e acaba con imaxes das obras de construción do pavillón de Alemaña para a Exposición Internacional  de 1929. Durante toda a filmación intercálanse declaracións co relato cronolóxico da obra e con manifestacións  do propio Mies, procedentes de gravacións de arquivo.

ARQUITECTO. Mies Van der Rohe (1886-1969)
Foi un arquitecto inflexible na procura da perfección arquitectónica. Dicía  "Estou  convencido  de  que  a arquitectura  é  a  expresión  máis  significativa  dunha civilización". Mies sempre sentiu que estaba librando unha guerra pola alma do Movemento Moderno e así reduciu os seus edificios ao absoluto platónico, á evocación da idea máis pura e mínima: menos é máis.
 

 

Hans Schahroun. Arquitectura imaxinaria Hans Schahroun. Arquitectura imaxinaria / Día 30 de Novembro. Hora: 20:00 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Hartmut Bitomsky
Ano: 1993
Duración: 53 minutos

SINOPSE:

O documental Arquitectura Imaxinaria recapitula a vida do  arquitecto con  exemplos  cronoloxicamente seleccionados: a esperanza do espertar dos primeiros proxectos dos anos 20 segue unha obrigada retirada profesional durante o nacional-socialismo. É entón cando desenvolve non poucas obras imaxinarias nas que se aprecia o seu anhelo por realizar símbolos colectivos. Anos despois da guerra foi cando obtivo o recoñecemento da súa orixinal concepción arquitectónica.

ARQUITECTO. Hans Scharoun (1893-1972)
O arquitecto alemán coñecido por deseñar a Filarmónica de Berlín (1956-1963) e a Casa Schminke (1932-1933) en Löbau, construíu fiel ás bases do funcionalismo. Pero a súa obra foi dificilmente clasificable. Ao rematar a Primeira Guerra MUndial, á  que  se  alistou  como  voluntario,  interrumpindo  os  seus estudios  de arquitectura, estableceuse como arquitecto na cidade de Breslau. Alí desenvolveu os seus primeiros proxectos e organizou varias exposicións, entre elas, a primeira exposición do grupo expresionista Die Brücke.