CINE / PROGRAMACIóNInicio

Africa The Beat Africa The Beat / Día 26 de Novembro. Hora: 20:00 / Casa do Saber (Vicerreitorado)
Director: SAMAKI WANNE Collective Integrado por (orden alfabético) por: Javier Arias Bal Polo Vallejo Pablo Vega Manuel Velasco
País: España
Ano: 2011
Xénero: Documental
Duración: 60 minutos
Guión: Comunidad wagogo de Nzali (Tanzania)
Música: Wagogo

INTÉRPRETES: Yulía Chilendu Madebe, Sara Chilendu Madebe, Tibu Mchoya, Agnesi Chalo, Manzira Madebe, Kalenda Fundi, Stella Mtachi, Yoisi Mtachi, Mariam Mazengo, Chiseo Mahelela, Samweli Majenda, Stanley Manyena, Noha Ngadu, Malogo Malogo, Yohana Mahelela, Maiko Mwalu

SINOPSE: "Africa The Beat" desenvólvese en Nzali, un enclave situado no corazón de Tanzania onde habitan os wagogo, posuidores dun universo musical único. Desde o primeiro fotograma do filme ata o último son, cada imaxe penétranos na realidade diaria dos seus habitantes ao mesmo tempo que a música vai aos poucos mergullándonos nun inesperado mundo de sensacións. O día e a noite, o paso do tempo e das estacións, a natureza e os seus elementos, a auga, o valor da palabra e dos relatos, as etapas da vida, todo iso emerxendo dunha pulsación ao redor da cal se articula cada momento da existencia. Rodada con medios técnicos básicos, “Africa: The Beat?” conxuga a mirada dun pintor, a visión dun cineasta e o oído de dous músicos, prescinde dunha voz en off que condicione ou invada os sentidos do espectador e deixa que sexa este quen experimente as súas propias emocións e constate o lugar esencial que ocupa a música na vida. O nome SAMAKI WANNE (“Catro peixes” en lingua swahili) fai alusión, por unha banda, á rúa Tres Peces de Madrid onde se sitúa Dika Producións, estudo no que se levou a cabo a parte principal do documental, e por outra, representa aos catro compoñentes que integran o colectivo: un pintor (Manuel Velasco), un cineasta (Pablo Veiga) e dous músicos (Javier Arias Bal e Polo Vallejo). Todos eles, cada un dos cales conta cunha recoñecida e consolidada experiencia no terreo artístico e creativo, deciden unirse en torno ao traballo de investigación de Polo Vallejo sobre a vida e a música dos wagogo de Tanzania, co fin de materializar este documental.

PREMIOS: Película seleccionada no International Film Festival of Canary Islands 2012, African Festival of New York 2012, Black International Cinema Berlin XXVII / Germany 2012 e Festival des Films du Monde / World Film Festival of Montreal.