CINE / PROGRAMACIóNInicio

Central do Brasil Central do Brasil / Día 13 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Walter Salles
País: Brasil
Ano: 1998
Xénero: Drama | Road Movie
Duración: 115 minutos
Produción: MACT Productions / Videofilmes
Guión: Joáo Emanuel Carneiro, Marcos Bernstein
Dirección de Fotografía: Walter Carvalho
Música: Antonio Pinto, Jaques Morelenbaum

INTÉRPRETES: Fernanda Montenegro, Vinicius de Oliveira, Marilia Pêra, Soia Lira, Othon Bastos, Otávio Augusto, Stela Freitas, Caio Junqueira, Matheus Nachtergaele

SINOPSE:

Dora escribe cartas para analfabetos na estación Central do Brasil. Unha das clientes de Dora é Ana, que vai escribir unha carta co seu fillo Josué, un raparigo de nove anos que soña con atopar ao pai que nunca coñeceu. Na saída da estación, Ana é atropelada e Josué queda abandonado. A contragusto, Dora acaba acollendo ao neno e será a encargada de acompañalo por todo Brasil ao encontro do seu pai. As experiencias que acumulan ao longo de días e quilómetros de penurias uniraos nunha relación de afecto moi particular.

PREMIOS: 1998: Dúas nominacións ao Oscar: Película de fala non inglesa, actriz (Fernanda Montenegro). 1998: Globo de Ouro: Mellor película de fala non inglesa. Dúas nominacións. 1998: Premios BAFTA: Mellor película de fala non inglesa. 1998: Festival de Berlín: Oso de Ouro e Oso de Prata - Mellor actriz (Fernanda Montenegro). 1998: Festival San Sebastián: Premio do Público. Premio da Xuventude. 1998: Festival de Sundance: Mellor Guión 1998: Dúas nominacións ao Cesar: Mellor película estranxeira, director. 1998: Dous premios National Board of Review: Actriz (Montenegro), película estranxeira.

O dia da caça O dia da caça / Día 14 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Alberto Graça
País: Brasil
Ano: 2000
Xénero: Acción, Policía, Suspense
Duración: 113 minutos
Produtores: Luciana Boal-Marinho, Telmo Maia
Produción: MPC - Associados
Guión: Alberto Graça / Leopoldo Serran
Montaxe: Isabelle Rathery

INTÉRPRETES: Marcello Antony, Paulo Vespúcio Garcia, Jonas Bloch Barbara Schulz, Felipe Camargo.

SINOPSE:

Nando, hai catro anos apartado do tráfico de drogas, é presionado polo policía federal Branco a buscar en Colombia trinta quilos de cocaína pura como forma de gratificación ao home que o retirou do tráfico. Para acompañalo na misión  chama ao seu compañeiro de reformatorio, o travesti Vander. Na viaxe de volta, cando agardan instrucións para entrar en Manaus, coñecen a Monalise, amante dun traficante francés, e descobren que foron traizoados. Convencidos por ela a vingarse, volven clandestinamente a Brasilia para axustar contas axudados polo xornalista Raul, que está disposto a denunciar o complot de policías, empresarios e políticos no tráfico de drogas.

PREMIOS: 2001: Grande Premio Cinema Brasil. Nominados Mellor lanzamento de cinema. Mellor fotografía: Toca Seabra. Mellor montaxe: Isabelle Rathery. 2000: Festival de Cinema Brasileiro de Miami. Premio da audiencia: Alberto Graça. Mellor actor: Marcello Antony. Mellor deseño de produción: Sergio Silveira. 1997 - Ministério da Cultura - Premio Resgate do Cinema Brasileiro. 1999 - Festival do Rio. 1999 - 23ª Mostra Internacional de Cinema de São Paulo. 2000 - Festival Internacional de Cinema de Brasília. 2000 - 4º Brazilian Film Festival of Miami: Premio de Mellor Filme do Xurado Popular. Premio de Mellor Actor (Marcello Antony). Premio de Mellor Dirección de Arte (Sérgio Silveira). 2000 - X Cine Ceará: Premio Especial do Xurado. 2000 - Festival de Biarritz – Competición oficial 2000 - Festival de Havana – Competición oficial 2000 - Quality Service I.Q.S.: Premio Qualidade Brasil Mellor Actor de Cinema (Marcello Antony). 2001 - 17th Chicago Latino Film Festival. 2001 - 1º Festival Internacional Cine Mazatlán. 2002 - Lacinemafe - Latin-American Cinema Festival of New York. 2002 - Newport Beach Film Festival – Selección Oficial. 2002 - VI Shanghai International Film Festival.

Vinicius de Morães Vinicius de Morães / Día 15 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Miguel Faria Jr.
País: Brasil
Ano: 2005
Xénero: Documental | Documental sobre música. Biográfico
Duración: 121 minutos
Produtores: Miguel Faria Jr. E Susana Maraes
Produción: Coproducción Brasil-España; 1001 Filmes / Globo Filmes
Guión: Rubem Braga, Miguel Faria Jr., Eucanãa Ferraz, Diana Vasconcellos
Dirección de Fotografía: Lauro Escorel
Dirección de Arte: Marcos Flaskman
Montaxe: Diana Vasconcellos
Música: Luiz Cláudio Ramos

SINOPSE:

Evoca a vida e a obra do poeta brasileiro Vinicius de Morães. A preparación dun espectáculo é o punto de partida para a reconstrución dunha traxectoria en paralelo ao crecemento cultural dun país. A vida, os amigos, os amores de Vinicius, autor de catrocentas poesías e de cerca de catrocentas letras de cancións.  A esencia creativa do artista e filósofo do cotián e a transformación de Río de Janeiro a través de extraordinarias imaxes de arquivo, entrevistas e a interpretación de moitos dos seus clásicos.

O Mundo Em Duas Voltas O Mundo Em Duas Voltas / Día 16 de Marzo. Hora: 19:30 / Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: David Schurmann
País: Brasil
Ano: 2007
Xénero: Documental
Duración: 92 minutos
Produción: Familia Schurmann / Gullane / Schurmann Film Company
Guión: Luiz Bolognesi, Familia Schurmann
Dirección de Fotografía: Hélcio Alemão Nagamine, David Schurmann
Música: Marcus Viana

INTÉRPRETES: Heloísa Schürmann, Kat Schürmann, Vilfredo Schürmann.

SINOPSE:

En 1997, a Familia Schürmann  decidiu realizar un soño: reeditar a expedición de Fernando de Magallanes, quen en 1519 viaxou contra as rutas tradicionais de navegación, completando a primeira volta ao mundo da historia da humanidade. Dúas grandes viaxes e conquistas nun emocionante filme, con imaxes de trinta países, catro continentes e tres océanos.

PREMIOS: Mellor Filme - Cine Fest Petrobras Brasil New York 2008, Mellor Filme Cine Fest Brasil Roma 2008, Mellor Filme Cine Fest Brasil Buenos Aires 2008, Mellor Filme - Recife Film Festival Brazil 2007

Jonas Jonas / Día 17 de Marzo. Hora: 19:30 /
Director: Lô Politi
País: Brasil
Ano: 2014
Xénero: Ficción, drama, romance.
Duración: 97 minutos
Produción: Mastershot Producoes
Guión: Lô Politi, Elcio Verçosa Jr.
Dirección de Fotografía: Alexandre Ermel
Dirección de Arte: Valdy Lopes
Música: Zezinho Mutarelli

INTÉRPRETES: Jesuíta Barbosa, Laura Neiva, Criolo, Chay Suede, Ana Cecilia Costa

SINOPSE:

Jonas ten 20 anos e desde a súa infancia está namorado de Branca, filla da patroa da súa nai. En vésperas de carnaval un accidente lavarao a secuestrala e escondela no interior da Balea, o carro alegórico da escola de samba do barrio. A medida que transcorre a semana Jonas terá que lidar coas consecuencias do secuestro.
 

PREMIOS: 2015. Premio Especial do Xurado Novos Rumbos (Rio) - Festival de Cinema do Rio.