CINE / PROGRAMACIóNInicio

Sir John Soane: Arquitecto inglés, legado americano Sir John Soane: Arquitecto inglés, legado americano / Día 3 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Murray Grigor
Ano: 2005
Duración: 62 minutos

SINOPSE:

Shigeru Ban. Arquitectura de Emerxencia
O documental  ARQUITECTO INGLÉS, LEGADO AMERICANO, investiga, por un lado, a influencia da Antigüidade en Soane, seguindo os seus pasos por Roma e Sicilia; e por outro lado, como a súa particular reinterpretación do clásico condicionou aqueles arquitectos americanos que se mantiveron alleos ós ditados do Movemento Moderno.

ARQUITECTO. Sir John Soane (1753-1837)
Arquitecto inglés de xenio pouco común, que influíu profundamente nunha xeración de arquitectos americanos, entre eles: Henry Cobb, Michael Graves, Philip Johnson, Richard Meier, Robert Stern, Denise Scott Brown e Robert Venturi. Todos eles recoñecen a súa débeda con Soane e a súa ideosincrásica reinterpretación da arquitectura da antigüidade.

 Eileen Gray. Invitación á viaxe Eileen Gray. Invitación á viaxe / Día 17 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Jörg Bundschuh
Ano: 2011
Duración: 60+30 minutos

SINOPSE:

Eileen Gray. Invitación á viaxe
O documental  INVITACIÓN Á VIAJXE  fai un percorrido intelectual e vital da arquitecta, así como unha descrición exhaustiva da casa que comezou a construír  en 1926, xunto a Jean Badovici, baixo o enigmático nome de E.1027, unha das vivendas privadas máis importantes da arquitectura moderna. Oitenta anos despois, atópase en estado de ruína, pechada ó público e á espera de ser reformada. A casa está alonxada e oculta das miradas dos transeúntes. Esta é a primeira vez que as cámaras filman a través do seu enreixado.

ARQUITECTO. Eileen Gray (1878-1976)
A arquitecta anglo irlandesa non só foi unha das máis destacadas figuras da modernidade do século XX, senón tamén unha muller que levou unha vida liberal e independente, que rompeu coas vellas convencións. Eileen Gray é, en arquitectura, o homólogo coetáneo de aqueles escritores ou artistas anglosaxóns que, ó igual que os seus compatriotas, James Joyce e Samuel Beckett, optaron polo camiño do exilio cultural. Común a todos eles foi o seu afán por dinamitar a mórbida rixidez da moral vitoriana reivindicando o emocional, o vital, o sensitivo, a través da nova razón.

Charles e Ray Eames. O arquitecto e a pintora Charles e Ray Eames. O arquitecto e a pintora / Día 24 de Abril. Hora: 20:00 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Jason Cohn e Bill Jersey
Ano: 2011
Duración: 84 minutos

SINOPSE:

Charles e Ray Eames. O arquitecto e a pintora.
Charles Eames (1907-1978) e Ray Kaiser (1912-1988) revolucionaron o mundo do deseño en Estados Unidos a mediados do século XX polas súas destacadas e pioneiras contribución á arquitectura e ó deseño de mobles, así como na área do deseño industrial, a fabricación, a fotografía e o cine. Dende o "Eamery", un antigo almacén en Venice, crearon unha variedade alucinante de produtos: férulas para militares feridos durante a 2ª Guerra Mundial, a célebre cadeira "Plywood", interiores e exposicións multimedia, xogos, películas e xoguetes: O máximo do mellor para o maior número de xente, polo mínimo prezo. En 1949 deseñaron e construíron a súa propia casa en California, a Case Study House 8, formando parte do programa promovido pola revista Arts e Architecture, considerada unha das residencias da posguerra máis relevantes a nivel mundial.

O documental O ARQUITECTO E A PINTORA, narrado polo actor James Franco, é a primeira película realizada trala morte dos Eames. Nela móstranse multitude de arquivos inéditos, cartas de amor, fotografías, vídeos e o prolífico legado da parella, así como a súa vida persoal e a súa influencia sobre os acontecementos importantes na vida estadounidense.