CINE / PROGRAMACIóNInicio

Contrafaces Contrafaces / Día 19 de Abril. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado)
Director: Fon Cortizo
País: España
Ano: 2015
Duración: 74 minutos
Produción: Asombra Cinema
Guión: Álex Cancelo, Fon Cortizo
Música: David Regueiro

INTÉRPRETES: Erin Moure, Elías Knorr, Iolanda Zúñiga, Elías Portela, Chus Pato, Fran Alonso

SINOPSE: A canadense Erin Moure descubriu as súas orixes galegas hai 20 anos o que acabou por cambiar a súa vida e a súa poesía. En Islandia, Elías Knörr é un recoñecido poeta. Durante anos conseguiu manter oculta a súa identidade, agora explora novos camiños de creación. Iolanda está na busca da súa propia voz desde que descubriu que algúns dos seus poemas xa foran escritos noutros idiomas. Ninguén parece saber quen é Elisa Sampedrín pero ela segue escribindo e influíndo a creadores en diferentes partes do mundo. Contrafaces é unha mirada a como as linguaxes constrúen identidades individuais e colectivas e como o proceso creativo convértese nun proceso colaborativo no cal as identidades dos autores como individuos acaban por diluírse.

Hoax_Canular Hoax_Canular / Día 26 de Abril. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado)
Director: Dominic Gagnon
País: Canadá
Ano: 2013
Xénero: Documental
Duración: 95 minutos
Guión: Dominic Gagnon
Dirección de Fotografía: Dominic Gagnon

INTÉRPRETES: Documental

SINOPSE: Como sobrevivir ao cabo do mundo? Mozos discuten os seus plans e expectativas en vídeos en liña. Algúns deles pensan que poden sobrevivir, outros abrázanse ao final. Desa metraxe atopada, Gagnon fai unha colaxe entre paródico e alarmantemente real. VOS

Cementery of Splendour Cementery of Splendour / Día 3 de Maio. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado)
Director: Apichatpong Weerasethakul
País: Tailandia
Ano: 2015
Duración: 122 minutos
Guión: Apichatpong Weerasethakul
Dirección de Fotografía: Diego García

INTÉRPRETES: Jenjira Pongpas, Banlop Lomnoi, Jarinpattra Rueangram, Petcharat Chaiburi, Tawatchai Buawat, Sakda Kaewbuadee, Sujittraporn Wongsrikeaw, Bhattaratorn Senkraigul, Pongsadhorn Lertsukon, Apinya Unphanlam, Sasipim Piwansenee

SINOPSE: Filmada na pequena cidade de Khon Kaen, ao nordés de Tailandia, seguimos algúns episodios consecutivos de Jen, unha solitaria ama de casa cunha malformación na perna que a obriga a utilizar muletas. Con frecuencia visita a súa antiga escola primaria que foi adecuada como hospital para atender a un grupo de soldados encerrados nun profundo soño. Aí coñece a unha moza con poderes psíquicos que traduce aos familiares os desexos e inquietudes dos dormentes. VOS

 Días color naranja Días color naranja / Día 10 de Maio. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado)
Director: Pablo Llorca
País: España
Ano: 2016
Xénero: Drama | Trenes/Metros. Road Movie
Duración: 76 minutos
Produción: La Bañera Roja
Guión: Pablo Llorca
Dirección de Fotografía: Wiro Berriatúa

INTÉRPRETES: Jorge Ferrer, Astrid Menasanch, Luis Miguel Cintra, Annie Kay Dählstrom, Jesús Bengoechea

SINOPSE: Álvaro volve de Corea e queda varado en Atenas por culpa da explosión volcánica de Islandia de 2010. É así como termina nun tren, onde coñece a un grupo que viaxa en interrail. Entre eles, a sueca Berta, á que lle une unha edición dos papeis póstumos do club Pickwick de Dickens. Segundo o director, o título da película procede dun poema de Louis Aragon dedicado á morte de García Lorca.