OUTRAS ACTIVIDADES / COLABORACIóNSInicio

Convenio de colaboración entre a AGADIC e o Club Cultural Valle-Inclán para a programación cinematográfica do CGAI.
Casa do Saber, 29 de marzo de 2017.

Jacobo Sutil, director da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais  da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) e Tonina Gay, presidenta do Club Cultural Valle-Inclán, asinaron convenio de colabaoración para a nova programación cinematográfica que desenvolverá o CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) en Lugo a través do Club Cultural Valle-Inclán. Ao acto asistiu  Guillermo Escrigas, director do CGAI.
As proxeccións terán lugar os mércores,  na Casa do Saber (Vicerreitorado), en sesión de 19:30 horas. Non se programará nos meses de xullo e agosto. O convenio rexerá para o ano 2017 e espérase que continúe en anos seguintes.

www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/19716/agadic-leva-programa-cinematografico-cgai-club-cultural-valle-inclan-lugo

 

Presentación e coloquio do documental Affliction, de Peter Casaer.
Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial, 2 de marzo de 2017. 19,30 horas.

O Valle-Inclán, en colaboración con Médicos Sen Fronteiras, proxectou o documental Affliction que foi presentado por Mónica Álvarez, enfermeira expatriada de MSF e a Dra. Mª José García Pais, da Unidade de Patoloxía Infecciosa do HULA. Ao remate estableceuse.
Segundo Mónica  MSF tiña traballado antes o ébola pero nunca nunha epidemia destas características.foi intención de MSF contar en Affliction, desde dentro,  como foi a epidemia de ébola. Un reto importante e unha homenaxe  ao persoal sanitario que traballou para combatela, ás persoas que tiveron ébola, aos superviventes que perderon todo e quedaron estigmatizados por moito tempo. E tamén aos traballadores sanitarios nacionais que foron os máis golpeados se se ten en conta que sofren sistemas de saúde deficitarios. Calcúlase que morreu o 50% dos contaxiados, moitos deles sanitarios.
Mª José  expresou o seu profundo respecto por Mónica e a organización que representa porque é admirable o seu traballo. Fixo un resumo teórico do que é o ébola e unha reflexión: o número de pacientes que se trataron fóra de África foi moi pequeno, 27 persoas,  sobreviviron o 82%. Crese que parte desta diferencia radica nas medidas de soporte intensivo que se poden utilizar aquí e é tan triste como que alí, onde realmente está a enfermidade, non se podan aplicar polo que se complica e atrasa o diagnóstico.
O éxito e o control da epidemia dependía fundamentalmente do esforzo da xente que traballou alí formando á poboación para intentar freala.

Proxección de Tabién la lluvia e presentación da importancia da auga en Níxer por Mónica Álvarez.
Salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado. 17 de outubro de 2016. 20:00 horas.

O Valle-Inclán en colaboración con Médicos sen Fronteiras proxectou o filme También la lluvia, de Icíar Bollaín, como complemento da  exposición As Vidas da auga que, con fotografías de Juan Carlos Tomasi, se presentou en Afundación de Lugo do do 26 de setembro ao 27 de outubro. A mostra  recolle a importancia da auga en Níxer:  marca o día a día de toda a poboación.
Neste país do Sahel, as vidas da auga son moitas: a alimentación, o benestar e a saúde dependen do acceso a unha auga de boa calidade. En Níxer, centos de miles de nenos sofren cada ano desnutrición aguda severa e malaria, dúas enfermidades que conviven durante os meses máis críticos para as familias, cando xa agotaron os produtos da colleita anterior e aínda están por recolectar os da seguinte. MSF traballa para responder a esta crise crónica e reducir a morbilidade e a mortalidade dos nenos menores de 5 anos
Para explicar a importancia da auga en países como Níxer,  a súa falla ou a súa mala calidade poden ter consecuencias graves na vida de moitas persoas acompañounos Mónica Álvarez, expatriada lucense de Médicos sen Fronteiras. Ten traballado en República Centro Africana, Níxer, Sudán do Sul, Haití, Etiopía e os Balcáns.

I Ciclo de Arquitectura e Cine
Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial. Abril 2016.20:00 horas

Froito da colaboración entre o C. Cultural Valle-Inclán e a Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos en Lugo, e contando coa participación da Fundación Arquia, que cedeu os documentais, tivo lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo un ciclo dedicado á Arquitectura e o Cine -Arquitectura de Cine- entre os días 5 e 27 de abril.
O publico asistente puido así coñecer a obra de varios arquitectos de sona mundial (Barragán, Sert, Neutra e a arquitectura xaponesa) por medio de catro documentais que foron presentados por membros do colectivo de arquitectos participante, e que deron lugar a breves pero interesantes coloquios tanto sobre as formas e a expresión arquitectónica como sobre a mesma realización cinematográfica dos documentais. 

 

Presentación da iniciativa Sermos Galiza
Galería Saragadelos, día 24 de outubro de 2011

O Club Cultural Valle-Inclán presenta Sermos Galiza, un novo proxecto xornalístico e unha iniciativa que convoca á sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para o lanzamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego que teñan a Galiza como centro de atención informativa.
Neste acto de presentación os membros do Grupo Promotor, María Reimóndez, Néstor Rego, Olaia Rodil, Rubén Lois e Tareixa Campo, en representación da súa irmá Marica, foron os encargados de nos explicar esta andaina xornalística.