PUBLICACIÓNSInicio

Ensaios a proba do tempo
Celestino Fernández de la Vega
Editorial Galaxia

ENSAIOS A PROBA DO TEMPO

Celestino Fernández de la Vega (Friol, 1914-Lugo, 1986) é autor do libro O segredo do humor (1963), un dos maiores expoñentes do ensaio galego. Foi un dos introdutores  en Galicia do pensamento de Martin Heidegger, de quen traduciu en 1956, xunto con Ramón Piñeiro, Da esencia da verdade.

Neste libro reúnese un mangado de ensaios publicados en libros, revistas e prensa. Recompílanse por primeira vez e edítanse ordenados cronoloxicamente pola data de publicación. Tamén se respecta o idioma no que foron dados a coñecer, quer galego quer castelán, en función do momento no que foron escritos e do medio de comunicación  ao que ían destinados. O autor, en carta de 1974, propuxo a idea e o título: “Reproduzo os ensaios tal como foron publicados, é dicir, someténdoos á proba do tempo”.