PUBLICACIÓNSInicio

Marcador Fassbinder. Poder e alteridade
Rainer Werner

FASSBINDER: PODER E ALTERIDADE
Rainer Werner Fassbinder (1946-1982) é, indubidablemente, un dos directores alemáns máis importantes na historia do cine do seu país. Xunto con Herzog e Wenders foron relacionados có denominado Manifesto de Oberhausen. A súa prematura morte, na que sen dúbida influiu a súa adicción ás drogas, non impediu unha ampla obra, que ás veces se concretaba en tres ou catro películas por ano. Debo recoñecer que tardei tempo en chegar a este cineasta, e que ata que volvín ver moitas das súas películas, anos despois da primeira visión, non disfrutéi auténticamente das mesmas. O seu gusto polo melodrama clásico seguramente tamén teña sido unha grande influenza para cineastas máis próximos, como poida ser o caso de Pedro Almodóvar. Pero ese gusto polo melodrama combínase con un radicalismo político e un interese por desvelar todo o que se oculta nas relacións humanas e que leva ó sometemento ou incluso á destrucción dos máis débiles e ó mantemento do status quo. Se se tratase de definir o cine de Fassbinder nunha frase diría simplemente que aquelas persoas que tivesen visto películas como Todos nos chamamos Alí ou Katzelmacher xamáis poderían estar dacordo en defender iso que últimamente algúns políticos propuxeron có nome de “contrato de emigración”. Ó longo da súa ampla obra, tanto teatral como cinematográfica -incluíndo series para televisión- todo o seu interese estivo centrado no cuestionamento do seu país e do seu aferramento ás súas tradicións, que levan á exclusión dos menos favorecidos da sociedade. O cuestionamento do poder, analizado seguramente baixo a influenza de pensadores como Foucault, aparece na súa filmografía, xunto có consecuente desvelamento de todos eses prexuizos e mecanismos xenófobos, racistas e tamén homófobos que impregnan a sociedade alemana da súa época. Tal vez por iso, un director como o que nos ocupa teña aínda tanta actualidade e interese a día de hoxe. Se ben películas súas como Querelle ou Lili Marlene son bastante coñecidas, outras como as que se poderán ver neste ciclo que nos amosa o Club Valle Inclán, o son menos, pero non de menor interese. A edición no noso medio de grande parte da súa obra en formato DVD inclúe tamén a súa extraordinaria serie televisiva Berlin Alexanderplatz de unhas quince horas de duración, pero francamente recomendable. Todo isto fai que poida ser un bo momento para redescubrir a un director que parece, como diciamos, seguir sendo de grande actualidade.
Luís Vila