AXENDA / NOVASInicio
  • 05 Maio 2021. Hora: 19:30. Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado

    Tres documentais e o cine mudo de Dorothy Davenport nas Sesións de Filmoteca de maio 2021

    Sesións de Filmoteca maio 2021, sesións  mércores

    Nas "Sesións de Filmoteca" dos mércores de maio programanse tres documentais de Francia, Cuba e España cos temas de transexualidade infantil, amizade, maternidade e cantos populares galegos, máis un histórico do cine mudo de USA que nos achega á obra de Dorothy Davenport no ano 1929.

    * Día  5: Petite fille, Sebastien Lifghitz. Francia, 2020 – 85 min. VOSE.
    * Día 12: A media voz, Patricia Pérez e Heidi Hassan. Cuba – 80 min. VO.
    * Día 19: Dorothé na Vila, Alejandro Gándara, Olaia Tubío. España – 85   min. VO.
    * Día 26: Linda, Dorothy Davenport. USA – 73 min. VOSG.

    Coa colaboración da AGADIC, Filmoteca de Galicia e Vicerreitoría do Campus de Lugo da USC.
    Proxeccións na Casa do Saber, ás 19:30 horas. Aforo limitado.
    É preciso reservar entrada con anterioridade no correo cultura.lugo@usc.es

  • 03 Maio 2021. Hora: 19:30. Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado

    Asinado o convenio de colaboración entre a AGADIC e o Club Cultural Valle-Inclán. Volven as Sesións de Filmoteca

    Sesións de Filmoteca maio 2021

    O Club Cultural Valle-Inclán asinou un novo convenio de colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC, para a difusión de produción audiovisual na cidade de Lugo e para o que se conta co apoio da Filmoteca de Galicia.
    Asinado este convenio, retomamos as “Sesións de Filmoteca” que, durante o mes de maio e con oito películas, se desenvolverán de acordo co seguinte programa:
    * Día  3: Pauline  à la plage , Éric Rohmer. Francia – 94 min. VOSE
    * Día  5: Petite fille, Sebastien Lifghitz. Francia, 2020 – 85 min. VOSE
    * Día 10: Le  genou de Claire, Éric Rohmer. Francia – 105 min. VOSE
    * Día 12: A media voz, Patricia Pérez e Heidi Hassan. Cuba – 80 min. VO
    * Día 19: Dorothé na Vila, Alejandro Gándara, Olaia Tubío. España – 85   min. VO
    * Día 24: Ma nuit chez Maud, Éric Rohmer. Francia -105 min. VOSE
    * Día 26: Linda, Dorothy Davenport. USA – 73 min. VOSG
    * Día 31: Chungking Express, Wong Kar-wai. Hong Kong – 102 min. VOSE

    Proxeccións na Casa do Saber, ás 19:30 horas.
    O Club Cultural Valle-Inclán conta coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Lugo da USC, que cede o salón de actos da Casa do Saber (Praciña da Universidade s/n, Lugo) para desenvolver este proxecto.

    É preciso reservar entrada con anterioridade no correo cultura.lugo@usc.es
     

  • 02 Decembro 2020. Hora: 20:00. Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado

    Pechamos o ano cinematográfico con tres novas “Sesións de Filmoteca

    Sesións de Filmoteca decembro

    O Club Cultural Valle-Inclán, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe –CGAI-, Filmoteca de Galicia,  pecha o ano cinematográfico con tres novas “Sesións de Filmoteca”, de acordo co seguinte programa:
    * Día  2 de decembro: Sinónimos, de Nadav Lapid. 2019.
    2019. Festival de Berlín: Oso de Ouro mellor película e Premio FIPRESCI. 2019: Festival de Sevilla: Mellor dirección.  VOSE.
    * Día  9 de decembro: Fourteen, de Dan Sallitt. 2019.
    Un novo e apaixonante capítulo na serie de retratos de “relacións desiguais” que poboan a obra de Dan Sallitt. VOSE.
    * Día 16 de decembro: BsA, de Alberte Pagán. 2006.
    Galegos en Bos Aires. VOG.
    Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 20:00 horas.
    É preciso reservar entrada no correo-e cultura.lugo@usc.es, indicando nome, apelidos, DNI e nº de teléfono.
     

  • 04 Novembro 2020. Hora: 20:00. Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado

     O Valle-Inclán e a Fonoteca de Galicia programan tres filmes nas "Sesións de Filmoteca"  de novembro.

    Sesións de Filmoteca novembro 2020

    O Club Cultural Valle-Inclán programa un novo ciclo de “Sesións de Filmoteca”, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe –CGAI- Filmoteca de Galicia. Desenvolverase no mes de novembro de acordo co seguinte programa:
    * Día  4 de novembro:  The Blot, de Phillips Smalley. Muda
    * Día 11 de novembro: La familia Samuni, de Stefano Savona. VOSG
    * Día 18 de novembro: No creas que voy a gritar, de Frank Beauvais. VOSG

    Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 20:00 horas.
    É preciso reservar entrada no correo-e cultura.lugo@usc.es, indicando nome, apelidos, DNI e nº de tfno.




     


<<<123456...49