AXENDA / NOVASInicio
  • 22 Xaneiro. Salón de Actos de Casa do Saber

    Abrimos o ano cinematográfico de 2020 cun ciclo dedicado ao Novocine  brasileiro

    Novocine XIII

    Abrimos o ano cinematográfico de 2020 cun ciclo dedicado ao Novocine  brasileiro e unha nova entrega de filmes, neste caso da XIII edición presentada no pasado mes de novembro en Madrid.
    Para a súa programación contamos, como en outros anos, coa colaboración da Embaixada de Brasil e a Fundación Cultural Hispano Brasileña.
    Desenvolverase de acordo co seguinte programa:
    * Día 22 de xaneiro: Todas as canções de amor, de Joana Mariani.
    * Día 29 de xaneiro: 10 segundos para vencer, de José Alverenga Jr.
    * Día 5 de febrero: Sócrates, de Alexandre Moratto.
    * Día 12 de febrero: Fala sério, mãe!, de Pedro Vasconcelos.
    * Día 19 de febreiro: Fevereiros, de Marcio Debellian.
    Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 19:30 horas.
    Entrada libre e de balde ata completar aforo.