AXENDA / NOVASInicio
  • 02 Novembro. Salón de Actos do Pazo de San Martcos, Deputación Provincial

    Semana dedicada a cine documental. Suspendida por Covid-19, segundo acordo da Excma Deputación Provincial de Lugo

    Mulleres dirixen cine documental

     O Club Cultural Valle-Inclán programa o ciclo “Mulleres dirixen cine documental”. Catro títulos de Macedonia, El Salvador, España e Arxentina que se desenvolverá na primeira semana de novembro, de acordo co seguinte programa:
    * Día 2 de novembro: Honeyland, de Ljubomir Stefanov e Tamara Kotevska.
    A derradeira muller recolectora de abellas de Europa. VOSE.
    * Día 3 de novembro: Cachada, de Marlén Viñayo.
     Cinco vendedoras ambulantes de El Salvador expoñen as súas  vidas nun taller de teatro. O ciclo da violencia é perverso, pero a forza o teatro é máis poderosa. VOE con subtítulos.
    * Día 5 de novembro: El amor y la muerte. de Arantxa Aguirre.
    Recrea a historia apaisonante e tormentosa vida do compositor Enrique Granados. VOE.
    * Día 6 de novembro: Las cinéphilas, de María Álvarez
    Mulleres xubiladas de España, Arxentina e Uruguai, que van ao cine todos os días. A ficción deixa pegada na memoria. VOE.
    Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial, en sesión de 19:30 horas. Entrada libre e gratuíta.

    Normas Covid-19: Aforo limitado.
    É preciso reservar entrada no correo-e clubvalleinclan@hotmail.com, indicando nome, apelidos, DNI e nº de tfno.
    Os solicitantes recibirán número de asento por correo electrónico.
    Deberá facerse uso da máscara en todo momento. Limpeza de mans con gel hidroalcohólico á entradar no recinto. Completarase o control coa toma de temperatura.
    Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.