AXENDA / NOVASInicio
  • 02 Xuño. Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado

    Tres filmes nas Sesións de Filmoteca de xuño de 2021

    Sesións de Filmoteca xuño 2021

    O Club Cultural Valle-Inclán continúa o seu programa de “Sesións de Filmoteca” que desenvolve en colaboración coa Filmoteca de Galicia, segundo convenio asinado coa AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais.

    No mes de xuño proxectaranse os seguintes filmes:
    * Día 2: Josep, de Aurel, Francia, 2020. VOSE
    * Día 9: Manoliño Nguema, de Antonio Grunfeld, España, 2019. VOE/G
    * Día 16: Mulleres de Ryazan, de Olga Preobrazhenskaya, URSS, 1927. Cine mudo con intertítulos en galego.

    O Valle-Inclán conta coa colaboración do Vicerreitorado do Campus de Lugo da USC que cede o Salón de Actos da Casa do Saber para as proxeccións. Sesión de 19:30 horas.
    Para poder asistir é preciso solicitar reserva de entrada na dirección de correo-e cultura.lugo@usc.es.